Non me extraña que Elenita quixera ser sopradora de vidro... aquí vos deixo este vídeo para que poidades ver como se traballa con esta curiosa sustancia que parece plastilina....a verdade que oficio perigoso, dende logo, pero moi fermoso tamén.
2 dic 2013
25 NOVEMBRO, UNHA DATA A TER EN CONTA
Durante esta semana, o alumnado de primaria e 6º de Ed. Infantil disfrutou na Biblio do conto de ELENITA un fermoso libro de ed. Kókinos escrito por Campbell Geeslin.... e ilustrado por Ana Juan, premio Nacional de Ilustración 2010.
Elenita quería ser sopradora de vidro, igual que seu pai, pero....QUEN ESCOITARA FALAR DE QUE UNHA NENA POIDERA SER SOPRADORA DE VIDRO? Polo que a Elenita non lle quedou outra que viaxar a Monterrey onde estaban os mellores sopradores de vidro do país..... para acadar o seu soño....somentes había un problema... que ELENITA ERA UNHA NENA.... nun mundo de homes.
11 nov 2013
CONTOS DE MEDO
Para celebrar o Samaín, o alumnnado de 6º de Primaria, ataviado para a ocasión, visitou todas as aulas do colexio para contar, en parellas ou en grupo, un conto de medo aos seus compañeiros e compañeiras. O ambiente durante eses momentos foi “terrorífico” e tamén divertido.
8 nov 2013
PENSACHES ALGUNHA VEZ.... PODER PESCAR UNHA SEREA?
A mín encantaríame... seguramente a cada un dos lectores do noso blog tamén. Esa foi a proposta para 2º e 3º ciclo. Posteriormente realizamos dous talleres de papiroflexia nos que elaboramos barcos de papel e peixiños. Con eles imos decorar a Biblio.
4 nov 2013
DON CABALIÑO DE MAR
Para os máis cativos foi unha mañá moi emocionante. Os mási cativos de tres anos moi sosprendidos.... nunca escoitaran falar da Meigatintureira...., de que nos deixaba unha carta das súas viaxes do verán..., da Biblioteca... Toda unha odisea.
A proposta de Ed. Infantil e primeiro ciclo pasou por unha adaptación para power point en galego do simpático conto do coñecido autor Eric Carlé de ed. Kókinos, DON CABALIÑO DE MAR, para pasar logo a unha proposta plástica dunhas pequenas marionetas mariñas de pao..... tendo en conta o lema deste ano : "Navegando polo mar...este ano todos a remar"!
25 oct 2013
19 oct 2013
COMENZAMOS....COMENZAMOS.....!!!!!!
Un ano máis estamos de volta, xa sabedes, como é habitual, entre o día 24 de outubro, día DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, e o DÍA DE SANTOS, facemos a inauguración e este ano baixo e lema:
" NAVEGANDO POLO MAR...
ESTE ANO TODOS/AS A REMAR "
Mirade, Mirade... que mural máis fermoso temos na entrada da Biblioteca para ilustrar o tema deste ano:
O mural é obra de Aarón Fernández Martínez, un xoven ilustrador estudiante de Belas Artes, deixovos aquí a xénese do mural, para que vexades como se foi facendo:
15 oct 2013
UNHA BOTELLA NO MEDIO DO OCEANO !!!!!!
Non sabemos moi ben como, pero apareceu no cole unha caixa un pouco estropeada na que viñan unhas botellas, que parecían conter unha mensaxe dentro delas. Pepé, o noso conserxe, foi quen deu o aviso de que chegara o paquete, e como se trataba de nove botellas que, por enriba, levaban o logo da nosa benquerida MEIGATINTUREIRA ..... estaba claro que se trataba dunha mensaxe para cada unha das clases. Fantástico, xa estabamos ansiosos e nos preguntábamos que sería dela este curso despois do caluroso verán.
Aquí vos deixo a súa carta en formato libro ilustrado... vede, vede... este verán sí que o pasou de medo!!!:
28 may 2013
COMO SELECCIONAR UN LIBRO ? DE VERDADE HAI UN LIBRO PARA CADA LECTOR/A ?
Uns pequenos consellos para aquelas familias que queiran mercar un libro para os seus pequenos, ou tamén uns consellos para calquera que queira agasallar cun libro, clica na imaxe
Seguindo estas indicacións... aquí vos deixamos a nosa
guía de lecturas para este verán 2013:
27 may 2013
O LIBERESPACIO
"Descubrimos que os libros se relacionan uns con outros de mil maneiras, levan uns a outros por mil camiños,
comunícanse -por amplos corredores ou portas secretas- como as salas
dun pazo inmenso, forman parte dun organismo vivo e en continuo desenvolvemento, son follas dunha mesma árbore. Descubrimos a literatura,
nunha palabra. Non como materia escolar, non como catálogo de títulos e
autores, senón como mundo animado, como universo. Descubrimos a galaxia
Gutenberg, o liberespazo,
moi anterior ao ciberespazo e mellor cartografado, aínda que non por
iso menos rico en sorpresas e aventuras. E ao converternos en libernautas accedemos, entre a infancia e a adolescencia, ao noso primeiro territorio libre." Carlo Frabetti
O ilustrador Andrés Meixide, foi o creador deste "pase ao liberespazo", destinado aos lectores e lectoras. Estes
poderán ir recollendo as súas "viaxes" polos libros e, a través do
visado da biblioteca (que dá fe destas viaxes), acadar a categoría de
"libernautas", con dereito propio a viaxar libremente polo "liberespazo" . (Blog BE galegas)
O alumnado do noso centro participou nesta proposta para cubrir o seu pase ao liberespacio:
Labels:
Andrés Meixide,
Carlo Frabetti.,
Liberespacio,
libernautas
RVB Letras Galegas 2013
Participa no concurso !!!! e levaras de agasallo........ xa o verás..... a que non o imaxinas?
Cada día haberá unha pregunta diferente e na hora do recreo poderás saber quenes foron os acertantes.
Labels:
concurso.,
Letras galegas 2013,
Roberto Vidal Bolaño
29 abr 2013
PARA CELEBRAR O DÍA.... DO LIBRO
Unha proposta moi orixinal para celebrar todos xuntos o días do libro este ano 2013. Todos/as ao patio a compartir lecturas, sen importarnos as idades, e esta vez foron as profes dos diferentes ciclos e especialidades as que se prestaron a ser elas mesmas personaxes de contos. E o mesmo que no caso do Flautista de Hamelín, foron correndo detrás de cada un dos personaxes dos seus contos. Vede, vede.....
Labels:
Dia do Libro 2013,
lecturas compartidas.
11 abr 2013
2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
A IBBY declarou o 2 de abril Día Internacional do Libro Infantil,
co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as
nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa
imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un
texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é
a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan.
Lemos xuntos, ti e máis eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos susurros
e ríos bulliciosos nas sús páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans suben ata as nubes
árbores florecidos. Vemos nenas valentes
que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Leemos juntos, tú y yo, dando vueltas y
vueltas,
recorriendo el mundo con la alegría en los
libros
Poema de Pat Mora
E como nesta data celebramos o necemento do excritos danés H. Christian Andersen aquí vos deixo un dos seus contos en versión animada, trátase do titulado " O VELLO FAROL " .
Disfrutádeo !!! :
9 abr 2013
INTERDISCIPLINARIEDADE E BÚSQUEDA DOCUMENTAL
O alumnado de 3º está traballando na aula de ed. musical cunha canción do disco de Susa Herrera: " En Cabárceno se oye cantar " acerca dun animal moi coñecido nos escasos espazos de auga, nos desertos... O DROMEDARIO e a partir del realizouse un traballo de investigación e búsqueda documental na Biblioteca Escolar partindo do seguinte soporte en papel:
Labels:
ALFIN,
Búsqueda documental,
Coñecemento do medio,
ed. músical,
plástica.
13 mar 2013
MÉRCORES LECTORES COS CINCO
A nosa compañeira Raquel, foi a protagonista do mércores lector desta semana. Presentou una obra que case que todos/as limos cando eramos moi pequenos, fai unha ceha de anos. Esta colección estase a editar de novo e segue tendo os seus seguidores, como é o caso de Raquel de 6º que os está a leer todos.Trátase da colección de Los cinco da autora inglesa Enid Blyton polo que o seu título orixinal foi : The Famous Five. Foi escrita nas décadas dos anos 40, 50 e 60 do século XX onde se converteu na colección de literatura xuvenil máis famosa daquela época.
Grazas Raquel pola túa colaboración.!!!
Animádevos e pedídelle á profe Mª José para anotarvos e presentar al vosas suxestións lectoras, aqueles libros que máis vos gustan e queredes compartir cos vosos compañeiros/as.
Labels:
Enid Blyton.,
Los cinco,
Mércores lectores,
Raquel 6º
10 mar 2013
8 DE MARZO, DIA INTERNACIONAL DA MULLER.
Célebres cantantes e músicos procedentes de
todo o mundo, dende China ata Costa Rica, dende Malí a Malasia, mulleres e homes, para facer esta mensaxe de unidade e solidaridade: somos “One Woman”, unha soa muller.
Esta canción, presentarase no Día Internacional da Muller,
o 8 de marzo de 2013. Este ano, o Día Internacional da
Muller centrase en poñer fin á violencia contra as mulleres. Como dice la canción,
“We Shall Shine!”, esperanos un futuro radiante. 7 mar 2013
TEATRO NA BIBLIO.
Onte recibimos no centro a visita dos neno/as de 2 anos da Escola infantil Lúa. Coma xa empeza a ser costume a Bilioteca tamén colabora con esta xornada de convivencia cunha pequena obra de teatro. Este ano tratouse dunha adaptación do conto " Coelliño branco " da editorial Kalandraka. Unha sinxela, pero simpática obriña que pola atención prestada encantoulles a todos.
Deixámosvos aquí tamén outra versión do conto a ritmo de rap cantado polo alumnado do ceip de Coirón Dena:
24 feb 2013
ROSALÍA de CASTRO
O 24 de febreiro celebramos o 176 aniversario do nacemento da nosa querida Rosalía. Celebrarémolo o próximo xoves cun recital simultáneo en todas as clases dos poemas de Rosalía na hora de ler, despois do recreo. Xa vos iremos informando de máis novas.
20 feb 2013
MÉRCORES LECTORES CON MANOLITO GAFOTAS
Este mércores, o noso compañeiro Yago presentounos unha colección bastante coñecida entre todos vos: MANOLITO GAFOTAS. A serie creada pola autora ELVIRA LINDO foi Premio Nacional de Literatura Juvenil e o ilustrador EMILIO URBERURAGA, premio Nacional de Ilustración. Unha serie que grazas á sua popularidade foi adpatada ao cine e a TV.
Se queredes saber como lle xurdiu a idea á autora de facer uns libros sobre Manolito Gafotas, podedes ver o seguinte video:
Labels:
Manolito gafotas,
Mércores lectores,
Yago 6º.
19 feb 2013
APRENDE A BUSCAR NA REDE......CON EFICACIA
Unha ferramenta para aprender a buscar dende o maremagnun que é a REDE e o mundo de internet. Moi útil para O ALUMNADO, PROFESORADO, FAMILIAS.... para todos en xeral. Gracias dende o blogue da Meigatintureira polo fantástico traballo colaborativo das coordenadoras das Bibliotecas Escolares do CEIP Milladoiro de Malpica e do IES Sanchez Cantón de Pontevedra. GRAZAS POR COMPARTIR!!!
Labels:
Buscar na rede,
navegar por internet.
6 feb 2013
O CICLO DO ENTROIDO... CANTAS GANAS DE FESTA !!!
Se queredes aprender cando comenza o Entroido, que se fai e se celebra cada un dos días, clica na seguinte presentación sobre
O CICLO DO ENTROIDO
CHEGA O ENTROIDO...E CON EL A FESTA !!!
En Galiza os Entroidos son unha das festas máis significativas, se queredes saber máis detalles acerca dos mesmos: onde se celebran, as diferencias entre uns e outros... clica na seguinte presentación sobre
OS ENTROIDOS EN GALICIA:
OS ENTROIDOS EN GALICIA:
29 ene 2013
PROPOSTAS COLABORATIVAS PARA A SEMANA DA PAZ
O alumnado de Ed. Infantil traballou a partir do conto de Nadarín de Leo Lionni. Para os/as que queirades recordalo, clica na imaxe:
27 ene 2013
PARA LER E TRABALLAR EN PAZ
No noso entorno atopamos moitas persoas que traballan e loitan por facer un mundo mellor, por facer do seu entorno un lugar onde todas as persoas poidan vivir a gusto.
Unha desas persoas foi Wangari Maathai:
Enlazamos esta actividade LIM do conto de " Wangari e as árbores da PAZ " co que traballaremos este ano en Primaria. Pertence ao Blog colectivo: ACTIVIDADES LIM feito pola profesora Belén Junquera. Moitas grazas.
Unha desas persoas foi Wangari Maathai:
Enlazamos esta actividade LIM do conto de " Wangari e as árbores da PAZ " co que traballaremos este ano en Primaria. Pertence ao Blog colectivo: ACTIVIDADES LIM feito pola profesora Belén Junquera. Moitas grazas.
Grazas tamén aos compañeiros da Biblioteca Escolar co ceip Victor Saenz:
Seguro que Wangari aprendeu coma vos moitas cancións da súa nai cando era pequena, aqui vos deixo esta para que vaiades aprendendo a ritmo de karaoke esta fermosa canción africana:
...VISITAMOS A BIBLIOTECA NODAL
O alumnado de 4º visitou a Biblioteca Nodal de Vigo que está situada no casco vello da nosa cidade. Se queres coñecer máis sobre ónde está situada, como é o edificio...
Podes ver tamén a galeria de imaxes se clicas na seguinte foto:
EN CABÁRCENO SE OYE CANTAR
Quen canta?....onde?...pois na nosa Biblioteca.....cantamos e non vexades como e con quen?
Pois a verdade é que contamos coa visita de Susa Herrera presentando o seu novo libro:
EN CABÁRCENO SE OYE CANTAR. Un fermoso libro de cancións sobre animais ilustrado polas fermosas e características imaxes de Violeta Monreal. Pero que qué pinta ese nome de Cabárceno por aquí? Pois é o nome dun zoo de Santander onde poderás atopar todos os animais dos que se fala no libro.
Aquí vos deixamos o enlace para que poidades ver a galería de fotos e un pequeno video cunha das cancións do libro.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipapaz/galeria/displayimage.php?album=59&pos=17
DENDE A BIBLIO DA MEIGATINTUREIRA
GRACIÑAS SUSA!!!!!!!!
DENDE A BIBLIO DA MEIGATINTUREIRA
GRACIÑAS SUSA!!!!!!!!
13 ene 2013
OUTRAS BIBLIOTECAS...
Claro que nos encanta a biblioteca da Meigatintureira, pero aquí tedes outras doutras cidadades máis grandes e dende logo impresionantes:
10 ene 2013
CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2013
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de
publicar un calendario para este ano 2013 onde aparecen as datas máis
considerables para celebrar ao longo do ano 2013. Nel terán lugar
diversos aniversarios
significativos para a literatura galega e conmemoracións habituais
arredor do libro e da lectura.
. Un fermoso cartel que nos acompañará durante este ano que comeza!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)