21 dic 2017

Feliz 2018! 

Que veña cheo de bos propósitos cumpridos, e moitas novas historias para ler!!!

 Bicos da Meiga Tintureira.
 

17 dic 2017

UN NADAL CHEO DE LECTURAS.....

Aquí tedes a nova Guía de Lecturas para este Nadal!!!

E lembrade:
  
POLO NADAL
TURRÓN E MAZAPÄN!!!!!



16 nov 2017

Inauguración biblioteca 2017

Grazas por participar na  fesa! Un ano máis de Meiga Tintureira!!!


31 oct 2017




O samain tivemos un mes de contos!!!

aquí deixo unha mostra do medo que pasamos e o moito que disfrutamos


BICOS A MARES!

a Meiga Tintureira




https://padlet.com/ceipapaztintureira/hu43a5tscgc2

24 oct 2017

Carta da Meiga Tintureira 1

 
Como cada ano a Meiga Tintureira sorprendeunos cunha carta na que nos propuxo un tema para desenvolver ao longo de todo o curso. O tema é ben fermoso: a música, baixo o lema A RITMO DE TINTUREIRA!
Aquí tedes o contido da 1ª parte da carta para que o vexades e escoitedes cantas veces queirades.

Carta da Meiga Tintureira 2

 
Aquí tedes a 2ª parte da carta.

Carta da meiga Tintureira 3

 
E aquí a 3ª parte que é unha adiviña musical.

21 jun 2017

UN ANO MÁIS....

Como se dun poema se tratase:

UN ANO MÁIS 
CHEGA O VERÁN
E CON EL, NOVAS AVENTURAS
ACONTECERÁN.....

E coma sempre deixámosvos a nosa guía de lecturas, que esperamos vos acompañe durante este tempo de lecer que se inicia dentro de moi pouquiño!

Vémonos á volta: FELICES VACACIÓNS... !

 

18 jun 2017

RECHOUCHÍO Nº 15

Un ano máis, un novo número da revista do cole: O RECHOUCHÍO que xa vai pola súa 15ª edición que se dí ben rápido!!!  DUSFRUTÁDEA!!

https://issuu.com/infantilapaz/docs/o_rechouch__o_n___15_2bcc30ede97654

23 mar 2017

Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2017

 

Os nen@os de 1º amosn aos seus compañeiros seu traballo poético e artístico

encantados coa posía!!!

22 mar 2017

Día Mundial da Poesía




os nenos de  primeiro curso amosan o seu poema e expresión plástica aos maiores!! encantados coa poesía!!!

9 mar 2017

HOMENAXE Á ROSALÍA


“A xustiza pola man” de Rosalía de Castro 

         Un Mannequin Challenge como homenaxe do alumado de 5º e 6º á nosa Rosalía de Castro no día da muller Traballadora coa música da viguesa Aid recitando o poema " A xustiza pola man " , poema pertencente á súa obra  "Follas Novas " de 1880.


22 feb 2017

PREPARANDO A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA






     Coñecedes este personaxe? Ben seguro que sí! Pensade un anaquiño.............
       Rosalía de Castro! quen se non?  O ilustrador galego Aarón Fernández Martínez cedeunos para conmemorar o día de Rosalía estas imáxenes para traballar con elas baixo a  licencia de Creative Commons.
         Coa primeira delas podes imprimir a túa propia Rosalía, coloreala e poñerlle os atavíos que queiras.
             Coa imaxe dobre podes facer incluso un colgante para a túa habitación ou se o reduces unha piruleta para o teu lápis, deixa voar a túa imaxinación.



16 feb 2017

A RATIÑA PRESUMIDA

     Unha pequeniña e modesta adaptación deste clásico foi o agasallo do alumnado de 4º A aos pequechos da Escola infantil Lúa, que cada ano visitan a nosa escola nunha xornada de convivencia co noso alumnado de infantil.

 BENVIDOS, UN ANO MÁIS!!!!!