24 dic 2009

AS NOSAS ARTISTADAS DE NADAL

Durante este mes de Decembro no cole, andivemos moi atarefados preparando diferentes manualidades para vestilo cun bonito traxe navideño.
Fixemos cousas moi variadas e que quedaron realmente preciosas. Elaboramos adornos para a nosa árbore de Nadal, todos eles relacionados coa auga, porque este curso, como xa sabedes, decidimos mollarnos un pouco e coñecer todo o relacionado con ese ben tan valioso.
Nas seguintes fotos podedes ver unha mostra deses orixinais adornos e o resultado final.




Tamén, por cursos, preparáronse diferentes murais e debuxos para empapelar os pasillos, e que todo o mundo dsifrutara do NADAL.



Non podemos esquecernos da participación das familias nesta misión de vestir de Nadal o colexio. Cada un dos nosos alumnos e alumnas levou a casa unha plantilla dunha gota de auga para decorar libremente cos seus pais e nais. O resultado foi espectacular!, e agora, lucen penduradas no porche da entrada do colexio.

E así entre unha cousa e outra, chegamos ao 22 de Decembro e a presentación do noso festival de Nadal. Para que vos poidades facer unha idea de como foi, vos invitamos a disfrutar desta pequena montaxe na que se recolle algún dos momentos de dito festival.

FELICES FESTAS e que SEXADES MOI FELICES



14 dic 2009

Con N de NADAL


"Oxalá poidéramos gardar en tarros un pouco de espíritu navideño e abrir un cada mes"
Harlan Millar (profesor de ética e pensador norteamericano)

O Nadal é unha das épocas do ano favoritas para os nenos e nenas. Na maioría dos fogares recuperaremos dos trasteiros esas figuriñas coas que montaremos o tradicional nacemento, os adornos e luminaria que lucirán no abeto e os bonitos ornamentos que colgaremos de portas e fiestras.
Prepararemos con esmero o menú que presidirá as nosas mesas arredor das que a familia disfrutará dun xantar especial e cantará as típicas panxoliñas que van pasando de xeración en xeración.
Esperaremos ansiosos a chegada de Papá Noel ou a visita dos Reis Magos, que dende tempos inmemoriais deixan os seus agasallos xunto a un zapato, nun calcetín pendurado da cheminea, debaixo da árbore de Nadal,... tentando cumplir os soños e desexos que cada un de nos esperamos se fagan realidade.
Pero, metidos de cheo nestas celebracións, sabemos realmente o por qué de todos estos costumes que fan destas datas un tempo máxico e entrañable?
Para poder dar resposta a éstas e outras tradicións que se dan ao longo do mundo, podedes ollar o magnífico libro
titulado "EL LIBRO DE LA NAVIDAD" de José Manuel Burgueño, que podedes atopar, se así o desexades, na nosa biblioteca, por suposto!.




E si o que queredes é coñecer os costumes propios da nosa terra, consultade os seguintes enderezos web:

galiciadigital.com
galespa.com

Dende a Biblioteca tamén a vosa Meiga Favorita quere axudar a Papá Noel e aos Reis Magos, que andan moi atarefados nestes días na escolla de agasallos, por iso unha recomendación para as vosas lecturas de Nadal, non esquezades que un libro sempre é un bo compañeiro. Pincha no enlace inferior para podelas ver.

.

23 nov 2009

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO...

Comezamos un novo curso, cheo de ilusións e novos proxectos. A Biblioteca e a Meiga Tintureira tamén se suman a esta nova andaina. Un ano no que a auga estará presente e será o fío conductor do noso traballo escolar cun proxecto titulado como sabedes "Unha gota de auga, unha gota de vida ". E para ir entrando en materia deixamosvos está montaxe elaborada pola equipa das TICS coa auga como protagonista.



Outra novidade para este curso é o recén estreado blogue da Biblioteca do noso cole, o CEIP "A Paz", que se chamará "MEIGATINTUREIRA", como se non. Tentaremos contarvos nel todo o noso quefacer arredor da lectura e da escritura.

VENTOS DE OUTONO


O vento de outono vai soprando suaviño e, pouco a pouco, cólase polas fiestras do colexio vestindo as paredes do centro de amarelos, laranxas, ocres, marróns,..., cheirando a uvas, mazás e castañas asadas, enchendoo de palabras viaxeiras que xogando ledas forman cancións fermosas, adiviñas divertidas, para facernos disfrutar deste tempo que pasiño a pasiño, suaviño como chegou, marchará para deixar paso ao frío inverno. Pero, mentres iso ocorre, imos compartir con todos vos o noso outono.

CANTIGAS DE MAGOSTO

Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto
non chas quero, non chas quero
que me cheiran ao chamosco

Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas,
para comer coas mozas
catro castañas asadas.

Indo polo souto abaixo,
atopei un ouriciño,
catro castañas me deu
para tí meu queridito.

Canta moucho, canta moucho
na folla do castiñeiro
coa machadiña na man
aprendendo a carpinteiro.

RETROUSO

María se vas ao ría lavar,
non zoupes a roupa que a podes rachar
que a podes rachar, que a podes rachar
María se vas ao río lavar.


Tamén viñeron as avoas á Biblioteca a contarlle aos máis pequenos como se celebraban os Magostos cando eran pequenas. Se queredes podedela escoitar:

14 may 2009

DIA DO LIBRO

O día 23 de Abril celebramos no noso colexio o día do libro. Cada nen@ debuxou a portada do seu conto favorito, logo deulle forma de folla de árbore e o resultado...