Esta semana damos paso ao noso ùltimo mércores de conto este curso na biblio! Esta vez...dous nenas e un neno da escola que estiveron moi ilusionados durante toda a semana ensaiando nos seus ratos libres: Héctor, Mireya e Naia de 3º. Rematamos a contada cun agasallo final da Meiga Tintureira, que sempre aproveita calquera ocasión para sacarnos un sorriso. Non vos preocupedes porque a Meiga Tintureira xa està a argallar màis cousiñas. Aquí tendes unhas imaxes dos mellores momentos.
Hoxe foi un día repleto de actividades na escola. Na Hora de Ler todos os nenos e nenas foron pasando pola biblioteca para visualizar un vídeo no que, moitos deles e delas, colaboraron como artistas, mans solidarias e, incluso, narradora!
A continuación, acudimos a entrada onde o equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou:
- Un recitado de poemas dos nenos e nenas de infantil.
- A biografía de Antón Fraguas contada polos nenos e nenas de 6º.
- Fixo entrega dos agasallos do Concurso Literario.
Finalizamos o día, cantando todos xuntos o Himno Galego acompañados dos alumnos e alumnas de 6º coa frauta.
Agora toda descansar e aproveitar o Dia das Letras Galegas ao máximo!
Aquí tendes o vídeo realizado cos debuxos dos rapaces e rapazas! Disfrutádeo!
Esta semana continuamos cos mércores de conto na biblio! Esta vez...dous nenos da escola que estiveron moi ilusionados durante toda a semana ensaiando nos seus ratos libres: Lucía e Noa de 5º. Rematamos a contada cun agasallo final da Meiga Tintureira, que sempre aproveita calquera ocasión para sacarnos un sorriso. Aquí tendes unhas imaxes dos mellores momentos.
Pouco falta xa para o Día das Letras Galegas e na nosa escola o Equipo de Dinamización da Lingua Galega está máis que preparado!
Un ano máis, podedes participar no concurso que organizan: PASAPALABRA! Cada día unha letra e unha pregunta relacionada co escritor homenaxeado este ano, Antón Fraguas.
Pásate polo mural no recreo, le a pregunta, escribe a túa resposta, introdúcea na caixa e...Moita sorte porque haberá sorpresas!
Hoxe, 2 de maio, conmemòrase o Dìa contra o acoso escolar. Unha problemàtica que, por desgraza, està presente nas escolas e que temos que parar!
Sen dùbida, o màis importante è traballar na PREVENCIÒN, evitando asì que ocorran casos deste tipo. Tamèn è moi importante INFORMAR aos nenos e nenas da existencia desta realidade para que, ante un caso asì, saiban como reaccionar e que poden ou deben facer.
Aquì tendes unha serie de recursos que poden resultar ùtiles para tratar este tema tanto na escola, coma na casa:
E recorda que: a tùa liberdade remata onde comeza a dos demais!