21 jun 2019

MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR

Agora si que si, despedímonos ata o vindeiro curso! Desfrutade moito do verán, do tempo de lecer, da familia, dos amigos e amigas e de non facer nada que iso, tamén é necesario!

Deixámosvos unha canción moi veraniega para ir collendo ritmo. E recordade que...para viaxar lonxe non tedes mais que coller un libro!


Unha calurosa aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.



17 jun 2019

GUÍA DE LECTURAS MOI MOI DIVERSA

Xa chegou! Xa está aquí! Por fin chegou o día!

Un curso máis aquí tendes a ansiada guía de lecturas para o verán de 2019! 

Esta vez, unhas lecturas moi especiais cheas de historias diferentes, con xente diferente, ás que lle suceden cousas diferentes. Porque a diversidade é unha característica de todos e todas xa que non todos temos os mesmos gustos, as mesmas oportunidades, as mesmas cualidades...

Pero, recorda! se tes a sorte de ser diferente, non cambies nunca!


Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.

10 jun 2019

HOMENAXE A XABIER P. DOCAMPO


Hoxe realizaremos o noso pequeno  homenaxe adicado a XABIER P. DOCAMPO, falecido no verán de 2018.
Nada máis entrar na escola, atopámonos co seguinte cartel que anunciaba a nova do día:





Durante a Hora de ler, nas diferentes clases de Infantil ata 6º de Primaria, leremos fragmentos das obras do homenaxeado, nas que descubrimos un sinfín de historias.


Se queredes coñecer máis  sobre XABIER P. DOCAMPO, non dubidedes en entrar no seguinte enlace:

7 jun 2019

CADERNOS VIAXEIROS



As mochilas viaxeiras xa están de volta na nosa biblioteca!

Este curso percorreron un sinfín de aventuras cos nosos nenos e nenas de Primaria que aproveitaron ao máximo os fondos que conteñen.

Velaquí tendes unha mostra dos Cadernos viaxeiros nos que escriben sobre o que máis lle gustou e, incluso, mostran algunha manualidade realizada.

Pronto volveremos con novas mochilas viaxeiras coas que enriquecer as vosas lecturas e o tempo de lecer!