21 mar 2012
HOMENAXE A ROSALÍA
Hoxe 21 de marzo, DÍA DA POESÍA, celebrarémolo na Biblioteca cun
homenaxe poético á ROSALÍA DE CASTRO, da cal celebramos este ano o 175
aniversario do seu nacemento. Este homenaxe prolongarase os vindeiros
mércores e xoves e nel participará todo o alumnado do centro. Aquí tedes
o programa de como nos imos a organizar:
UNHA REUNIÓN DE BIBLIOTECARIOS/AS MOI ESPECIAL
O pasado 19 de marzo reunímonos os equipos de biblioteca de varios coles da zona de Vigo, Nigrán e Baiona nunha Biblioteca pero que moi especial, a Biblioteca do CEE de Panxón. Enlazamos coa fermosa montaxe que fixo a nosa compañeira, e alma do grupo, Ángeles do CEIP Emilia Pardo Bázán.
14 mar 2012
EUROPA EN VERSIÓN PUZZLE
Aprende máis sobre os paises Europeos, onde están situados, as súas bandeiras, superficie, nº de habitantes e de paso divírtete.
11 mar 2012
VAIA AGASALLO!!!
O QUIJOTE INTERACTIVO é un proxeto que permite acercarnos á primeira edición que se fixo da obra do escritor Miguel de Cervantes (as de Madrid de 1605 e 1615)que se conserva nos fondos da Biblioteca Nacional de España. É un agasallo fantástico, é como se poidésemos ter a obra nas nosas máns. Pero inda máis podemos ver fotos, gravados, mapas... que nos axudan a coñecer más cousas sobre a obra.
Para poder velo preme na imaxe:
SALÓN DO LIBRO 2012 PONTEVEDRA
Do 1 ao 31 de marzo celébrase en Pontevedra un acontecemento moi importante arredor do libro: trátase da edición nº 13, ou mellor 12+1 da edición do SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA, unha cita xa clásica e un espazo maravilloso para o mundo que xira en torno as letras eo fantástico. Este ano, a que non adiviñades cal é o tema central ? Non sei se é un casual pero é un tema moi parecido ao que estamos a traballar este curso no noso cole pero eles titúlano 12+1(e que o 13 seica da mala sorte): O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na
importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias
dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil....
5 mar 2012
CONVIVENCIA COA ESCOLA INFANTIL LÚA
O pasado venres tivemos unha xornada de convivencia na que participou o alumnado de Educación Infantil do noso centro e os cativos de 2 anos da Escola Infantil Lúa. A Biblioteca colaborou cunha pequena adaptación en guiñol do conto " A tartaruga que quería durmir " na que colaborou o alumnado de 5º. Gracias pola vosa colaboración!!! Pasamos unha mañá moi agradable .... e logo chocolate e biscoitos para todos.Se queredes ver a obra, podedes facelo a continuación:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)