Non me extraña que Elenita quixera ser sopradora de vidro... aquí vos deixo este vídeo para que poidades ver como se traballa con esta curiosa sustancia que parece plastilina....a verdade que oficio perigoso, dende logo, pero moi fermoso tamén.
2 dic 2013
25 NOVEMBRO, UNHA DATA A TER EN CONTA
Durante esta semana, o alumnado de primaria e 6º de Ed. Infantil disfrutou na Biblio do conto de ELENITA un fermoso libro de ed. Kókinos escrito por Campbell Geeslin.... e ilustrado por Ana Juan, premio Nacional de Ilustración 2010.
Elenita quería ser sopradora de vidro, igual que seu pai, pero....QUEN ESCOITARA FALAR DE QUE UNHA NENA POIDERA SER SOPRADORA DE VIDRO? Polo que a Elenita non lle quedou outra que viaxar a Monterrey onde estaban os mellores sopradores de vidro do país..... para acadar o seu soño....somentes había un problema... que ELENITA ERA UNHA NENA.... nun mundo de homes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)