13 mar 2013

MÉRCORES LECTORES COS CINCO

      A nosa compañeira Raquel, foi a protagonista do mércores lector desta semana. Presentou una obra que case que todos/as limos cando eramos moi pequenos, fai unha ceha de anos. Esta colección estase a editar de novo e segue tendo os seus seguidores, como é o caso de Raquel de 6º que os está a leer todos.Trátase da colección de Los cinco da autora inglesa Enid Blyton polo que o seu título orixinal foi : The Famous Five. Foi escrita nas décadas dos anos 40, 50 e 60 do século XX onde se converteu na colección de literatura xuvenil  máis famosa daquela época.

Grazas Raquel pola túa colaboración.!!!

          Animádevos e pedídelle á profe Mª José para anotarvos e presentar al vosas suxestións lectoras, aqueles libros que máis vos gustan e queredes compartir cos vosos compañeiros/as.


10 mar 2013

8 DE MARZO, DIA INTERNACIONAL DA MULLER.

        Célebres cantantes e músicos procedentes de todo o mundo, dende China ata Costa Rica, dende Malí a Malasia, mulleres e homes, para facer esta mensaxe de unidade e solidaridade: somos “One Woman”, unha soa muller. 
        Esta canción,  presentarase no Día Internacional da Muller, o 8 de marzo de 2013. Este ano, o Día Internacional da Muller centrase en poñer fin á violencia contra as mulleres. Como dice la canción, “We Shall Shine!”,  esperanos un futuro radiante.  


7 mar 2013

TEATRO NA BIBLIO.

         Onte recibimos no centro a visita dos  neno/as de 2 anos da Escola infantil Lúa. Coma xa empeza a ser costume a Bilioteca tamén colabora con esta xornada de convivencia cunha pequena obra de teatro. Este ano tratouse dunha adaptación do conto " Coelliño branco " da editorial Kalandraka. Unha sinxela, pero simpática obriña que pola atención prestada encantoulles a todos.

       Deixámosvos aquí tamén outra versión do conto a ritmo de rap cantado polo alumnado do ceip de Coirón Dena: