O alumnado de infantil, 1º, 2º e 4º de primaria participou neste obradoiro de tarxetas solidarias, que este Nadal, querían levar un chisquiño de alegría a outras realidades que están preto de nós.
Falamos dos nenos e nenas que están a vivir no Hospital Álvaro Cunqueiro onde tamén hai un cole. Coñecemos que moitos, pola súa enfermidade, van pasar alí este Nadal e non poderán estar nas festas do seu cole cos amigos e amigas que teñen alí. Tampouco poderán compartir con toda a súa familia, nin ver o ambiente navideño da cidade e todas as actividades que temos nestes días.
Tamén, falamos dos maiores que están no Residencial de Coruxo, e polas novas que escoitamos nestes días nos medios de comunicación, soubemos que algúns reciben poucas visitas e outros ningunha porque non teñen familia, ou está moi lonxe.
Por iso, traballando en equipo para facer un agasallo en común, creamos unhas tarxetas que decidimos que ían ser de árbores, porque nos gustaban a todos e todas. Feitas as tarxetas, inventamos uns pareados cargados de agarimo e bos desexos para os nosos novos amigos e amigas. E para rematar as escribimos e decoramos.
Tamén engadimos ao agasallo uns anxeliños que fixo a ANPA para vender no mercadillo navideño, para que rematasen a decoración das árbores da aula hospitalaria e do centro residencial. Pensamos que tendoos na súa árbore, o mellor conseguiríamos prolongar o efecto que queremos que tivera esta mensaxe agarimosa, un chiquiño máis.
Logo fixémos chegar todo nuns paquetes... e xa sabemos que cumpriron o seu cometido.
Dende o Centro Residencial Coruxo recibimos unha emotiva chamada telefónica onde nos deron as grazas infinitas, nos felicitaron polas tarxetas tan bonitas e as palabras doces dos nosos pareados, e escoitamos aos maiores e aos seus coidadores gritando o nome do noso cole: "Tintureira, Tintureira, Tintureira..."
Dende a Aula Hospitalaria do Álvaro Cunqueiro, remitíronnos ao seu blog e facebook, onde nos deixaron o seu inmenso agradecemento en forma de conto, publicaron fotos dos nenos e nenas adornando a árbore cos nosos anxeliños e ensinaron as nosas tarxetas que lles encantaron. As súas familias quixeron lelas todas e tiveron que facer unha exposición. Aquí vos deixamos as enlaces para que o vexades:
https://aulahospitalariavigo.blogspot.com/?m=1
Seguiremos argallando actividades para seguir compartindo o noso agarimo eles.
CONTINUARÁ....