30 nov 2022
RECEITA LITERARIA COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: UN FEITIZO DE HARRY POTTER?
Hai uns días, Libia sorprendeunos no taboleiro do comedor coas palabras...
MERLUCCIUS BILINEARIS!!!
Non é era un feitizo dunha novela de Harry Potter. Era o nome da pewscadilla que íamos comer no noso comedor.
Unha vez máis, Pescados Loureira deixounos abraiados coa súa calidade e o nos equipo de cociña coa súa elaboración, RIQUÍSIMA!!!.
22 nov 2022
RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: A RIQUÍSIMA LASAÑA QUE COMIMOS NO COMEDOR, ENCANTARÍALLE AO GATO GARFIELD
Hoxe todos sacamos ese Garfield que levamos dentro e papamos a lasaña que nos fixeron no na nosa cociña do cole.
Non sabemos que lle parecería a ese gatiño se probase a do noso comedor, que fixeron Libia, Ana e Iago con ingredientes moi especiais:
- Leite ecolóxica da Casa Grande de Xanceda.
- Queixo da D.O.ProtexidaArzúa Ulloa Benigno Pereira Ramos.
Graciñas coma sempre, por complementar o noso proxecto de centro "Érase unha vez... a historia de ler"
17 nov 2022
RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: DO CONTO DE ALICIA NO PAÍS DAS MARAVILLAS A RIQUÍSIMOS "SUPERBOCATAS" DE CHOUPAS NO COMEDOR.
Grazas ás ideas da nosa cociñeira Libia, hoxe ó noso bocadillo de choupa, de pan trigo autóctono galego e rúcula ecolóxica, pasóulle coma a Alicia a do conto, MEDRO E MEDROU!!!
Non nos visitou o Sombrereiro Tolo para convidarnos a té, pero igual que no libro de "Alicia no país das marabillas", no comedor do CEIP A Paz Tintureira calquera día nos vale para celebrar os "non cumpreanos".
E hoxe ás únicas que se lles cortou a cabez, foi ás estupendas choupas que nos trouxo Pescados Loureda, e como sempre ao "xuizo", fomos nós como acusados, pero a condea foi mínima.
Os nosos proveedores: Pescados Loureda, A Leira de Lola e Aboamigalla.
16 nov 2022
AS IDEAS DA MEIGA TINTUREIRA. "OS MAIORES CONTAN"
Ben queridos e ben queridas:
Todos os días o longo deste curso, o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria poderedes ir contar un conto ó alumnado de Educación Infantil ou 1º e 2º de Educación Primaria, na hora de ler.
Preparade un conto na casa ou con algún compañeiro ou compañeira no cole, no tempo de recreo. Mirade que sexa apropiado para o curso que queredes visitar como contacontos. Podedes pedir consello aos vosos titores, ou á profe do curso ao que queredes agasallar cun conto.
So queda pedir día para facelo, ás profes de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria e xa podedes vivir esta experiencia como contacontos coa ilusión, creatividade e solidariedade en marcha.
AS IDEAS DA MEIGA TINTUREIRA: "MÉRCORES LECTORES"
Ben queridos e ben queridas:
Todos os mércores o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, poderes contar un conto na miña biblioteca, no horario do recreo.
Para facelo, teredes que escoller uno da vosa casa ou da biblioteca e preparalo antes solo ou con algúns compañeiros ou compañeiras. Podedes preparalo nos recreos, nas vosas casas... onde queirades.
Cando o teñades preparado, pedide a quenda na biblioteca e vos diremos que día poderedes ser:
"CONTACONTOS"
COMEZAMOS O CURSO NA NOSA BIBLIOTECA CO PROXECTO "ÉRASE UNHA VEZ... A HISTORIA DE LER"
A semana pasada recibimos a esperadísima carta da Meiga Tintureira. Nela convidábanos á inauguración oficial da Biblioteca para este curso 2022/2023. Alí vimos un vídeo onde nos presentaba o proxecto no que imos participar todo o colexio, este ano "Érase unha vez... a historia de ler". Como cada ano, o profe Luís que é moi amigo da Meiga Tintureira, axudou a facer este precioso vídeo. MOTAS GRAZAS PROFE!
E tamén visitamos un novo recanto da Biblioteca con recursos e contos sobre o proxecto, que vai ir enchéndose ao longo do curso.
CANTO IMOS APRENDER!