5 dic 2019

O Nadal chegou á nosa biblioteca!!!

Así de cheo está o noso recunchiño de Nadal. Nel podedes atopar unha morea de contos, libros de aventuras, de decoración, de receitas, etc. Vinde a gozar cos  personaxes, historias e posibilidades destas datas tan máxicas!!!.





25 nov 2019

Entramos na semana da Igualdade!!!

Estes días aproveitando a data "Contra a violencia de xénero", abrimos na nosa biblio un recuncho, pequeno pero moi importante e necesario. Este espazo que chamamos "Somos iguais" queremos que sirva para acercar ao noso alumnado a historias de loita, sobre todo de mulleres, por acadar os mismos dereitos para todos e todas. Porque queda moito camiño por percorrer, e o noso alumnado ten que crecer sabendo que todos e todas temos as mesmas libertades e dereitos. Todos e TODAS!!!



Os nosos pequenos contacontos!!!

Todos os día na hora de ler temos unha chea de voluntarios dispostos a visitar as aulas de infantil, para ler un conto. Dende 1º ata 6º, todos os alumnos e alumnas de primaria que queren, preparan durante uns día un conto e logo, van ás aulas de infantil onde se converten nos pequenos contacontos.
A verdade é que son xeniais, e moitas veces nos sorprenden cargados de agasallos: escenificacións, cannións, debuxos, etc. que os peques reciben encantados.
Graciñas chicos e chicas!!!






Os nosos axudantes da biblioteca!!!


Un ano máis, a nosa biblioteca xa está funcionando cos seus axudantes e 
axudantas. Parte do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, nos recreos acoden á biblio para votar unha man en todo o que sexa necesario.

Como cada ano, firmaron un contrato no que se comprometen como axudantes, a cumprir as normas da biblioteca, ir durante todo o curso,o día que lles toca da semana, no tempo do recreo.

Estes primeiros días, estivemos con eles e fixémoslles unha pequena entrevista. Estas foron algunhas das súas respostas:

Mestra:
- ¿Por que vos gusta ser axudantes da biblioteca?

Alumnado:  
- Porque queremos votar unha man no cole e axudar ás profes.
- É que nos gusta axudar aos demais.
- E tamén, axudar para que a biblioteca estea ben ordenada e os libros no estean polas mesas.
-  E que no os deixen por aí, fora do seu lugar.
- Porque nos gusta axudar a buscar libros aos pequenos.
- Porque é divertido poñerse o chaleco e así te fan mais caso e deixan todo colocado.
- E eu, pásoo mellor que no patio porque son axudante co meu amigo e estamos xuntos facendo todo.

Mestra:
- ¿Vos parece importante firmar o contrato?

Alumnado:
-   Si, porque é algo serio e si non ves, na biblioteca poden quedar cousas mal.
-   Claro, porque así faste más responsable, porque firmaches o contrato.
-   Claro, e tamén que tes que esforzarte, e un día que che apeteza xogar no  patio, pois tes que vir porque tiñas que pensalo antes de firmar o contrato.

Mestra:
-  ¿Cales son as vosas tarefas?
Alumnado:
-   Pois axudar aos outros no que necesiten na biblioteca.
-   Si, axudalos a buscar libros ou contos nos estantes.
-   E tamén, colocar os libros que levaron de préstamo no seu sitio.
-   Ensinarlles a buscar os xogos no ordenador.
-   E as veces, tamén a enchufalo e apagalo.
-  Tamén, lles dicimos que teñen que falar baixo cando falan alto e molestan aos demais.
-  E somos os últimos en marchar da biblioteca, porque temos que mirar que quede todo colocado, libros, cadeiras y todo.

Quedounos claro, que saben o importante que é o que fan, e que están encantados axudando este rato na nosa biblioteca.

12 nov 2019

A xogar na biblio!!!

Seguimos con mais novas. Agora a biblio ademais de espazo de ler é un espazo de xogos que podemos disfrutar todos os recreos.
Vinde a gozar coa multitude de xogos que temos. Mirade como o pasamos de ben!!!





4 nov 2019

Contacontos de medo co alumnado de 6º de Primaria!!!

 Os nosos chicos e chicas de 6º de Educación Primaria, levaban uns días preparándose... E o pasado mércores día 31 de outubro,  fixeron unhas sesións de contacontos terroríficos por todo o cole. Moi metidos no papel cos seus disfraces e caracterizacións, fixérono xenial!!!
Aquí tedes unhas fotos dalgúns dos mellores momentos.








29 oct 2019

Xa tedes o recuncho do medo para vivir o Samín e Halloween!!!

Visitade o noso recuncho do medo!!! Está cheo de historias terroríficas para todas as idades.

ATRÉVETE!!!




Abrimos a nosa biblioteca!!!


O 24 de outubro tivemos festa rachada na nosa biblioteca. Chegou a tan esperada carta da nosa Meiga Tintureira. Como cada ano fíxonos unha proposta para investigar, xogar e aprender a través dos recursos da biblioteca. Este ano vai ser sobre "As Olimpíadas", porque o 2020 é un ano olímpico!!! 
Aquí vos deixamos a súa carta e as cousiñas que fixemos para festexar a apertura da nosa biblioteca, co visionado de curtametraxes olímpicos e participando en obradoiros nos que fixemos medallas, bandeiras e carteis sobre o tema. 
A biblioteca queda inaugurada e xa podedes vir a gozar dos seus recursos. Vos esperamos!!! 








23 oct 2019

Este xoves inauguramos a biblio!!!

Xa está chegando a Meiga Tintureira!!! Como cada ano, na súa biblioteca imos ter unha chea de actividades e concursos xeniais. E ademais, aquí os deixamos uha pequena parte das novidades que vos están esperando e algunhas cousiñas mais que mercamos e fixemos para anunciar a súa chegada.

Lembrade, este xoves, día 24 de outubro, estades todos convidados á inaguración da biblio!!!







21 jun 2019

MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR

Agora si que si, despedímonos ata o vindeiro curso! Desfrutade moito do verán, do tempo de lecer, da familia, dos amigos e amigas e de non facer nada que iso, tamén é necesario!

Deixámosvos unha canción moi veraniega para ir collendo ritmo. E recordade que...para viaxar lonxe non tedes mais que coller un libro!


Unha calurosa aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.



17 jun 2019

GUÍA DE LECTURAS MOI MOI DIVERSA

Xa chegou! Xa está aquí! Por fin chegou o día!

Un curso máis aquí tendes a ansiada guía de lecturas para o verán de 2019! 

Esta vez, unhas lecturas moi especiais cheas de historias diferentes, con xente diferente, ás que lle suceden cousas diferentes. Porque a diversidade é unha característica de todos e todas xa que non todos temos os mesmos gustos, as mesmas oportunidades, as mesmas cualidades...

Pero, recorda! se tes a sorte de ser diferente, non cambies nunca!


Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.