18 jun 2022

"O SEÑOR GRAVATA TORLA" FIXO UN AGASALLO MOI ESPECIAL O ALUMNADO DE 6º.




CONTO CON OBRADOIROS CON "SE EU FOSE UN GATO" DE PALOMA SÁNCHEZ IBARZÁBAL E ANNA LLENAS.

Nestas sesión falamos de como somos: aquelo que non nos gusta tanto e nos gustaría poder cambiar en canto ao noso físico e tamén, no comportamento. Pensamos no que nos gustaría ser, se non fósemos nenos e nenas e  o que fariamos se fósemos unha bolboreta, un león, un foguete... 

E o máis importante, compartimos o que máis nos gusta de nós mesmos. E nesa exposición, os demáis tamén opinaron e démonos conta, que quizá teñamos que controlar algunhas cousa do noso carácter, pero estamos crecendo e aprendendo... E non temos que cambiar o noso físico e a nosa "esencia". Como somos, porque iso nos fai únicos, especiais e tan importantes e interesantes. 

Obradoiro co alumnado de 5º de Educ. Infantil.








Obradoiro co alumnado de 6º de Educ. Infantil.








"O SEÑOR GRAVATA TORLA" AGASALLOUNOS CUNHA SESIÓN DE CONTOS PARA INFANTIL.

 



13 jun 2022

OBRADOIRO DE MAFRE PARA EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA "VIVIR EN SALUD"

 Este obradoiro “VIVIR EN SALUD” foi ofertado e organizado pola FUNDACIÓN MAFRE, coa colaboración da Academia Española de Nutrición e Dietética, o Cosello Xeral da Educación Física e Deportiva (Consello COLEF) e a facultade de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid. Nel o alumnado, a través de diferentes pèrsonaxes e propostas,  traballou sobre a importancia do bienestar emocional, a alimentación saudable e a actividade física, nas nosas vidas.








CORTO ANIMADO CON OBRADOIRO CON " A FISH WITH A SMILE" BASADO NO CONTO DE JIMMY LIAO

 Con este famosísimo corto de animación premiado en el festival de Berlín de 2006, os pequenos e pequenas estivemos recoñecendo e compartinso diferentes interpretacións das diferentes emocións. E logo, adentrámonos en algo tan difícil pero importante, como é a empatía e poñerse no lugar dos outros. E rematamos facendo peixes no río, no mar. Peixes en libertade.





CONTO CON OBRADOIRO CON "CIRÍLO COME DE TODO" DA COLECCIÓN "YO SOY GRANDE"

 Nesta sesión co alumnado, falamos da importancia de comer de todo para crecer, estar contentos, moi fortes e sans. E compartimos experiencias personais, parecidas as do oso Cirilo y tamén o que fixemos e facemos para que non se repita. E despois fixemos a Cirilo: uns comendo froita e verdura, e outros comendo peixes no río.