28 feb 2011

RECURSOS PARA O ENTROIDO

Para saber máis cousas sobre o ENTROIDO ou traballar na aula, premede neste enlace da coordenadora GALEGA DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, ten moitos enlaces a actividades diferentes para todos os ciclos.




20 feb 2011

SAN VALENTÍN NA BIBLIO.



Dous simpáticos e tenros libros
cos que
celebramos a Semana de
San Valentín
na Biblioteca:



Desta volta non foron os alumnos os que presentaron o mércores lector do 16 de febreiro senón a titora de 5º María José a que se animou, como podedes ver houbo de todo tipo de público, dende pequenos a maiores.


MARIA ELENA WALSH NA BIBLIOTECA


Poemas e cancións para recordar a unha grande da poesía Infantil , MARÍA ELENA WALSH, que morreu o pasado mes de xaneiro. A maior parte da súa poesía recordámola á través da voz de ROSA LEÓN. Na Biblioteca quixemos tamén rendirlle o noso pequeno homenaxe cos poemas: La vaca estudiosa, El mundo del revés, en el país de no me acuerdo y canción para bañar la luna. Regalamos os poemas aos asistentes en formato papel e logo do recitado que fixeron os alumnos de 2º vimos uns videos cos poemas que cantamos.
Se queres descargar e imprimir os poemas para logo aprendelos e cantalos preme no segunte enlace:









14 feb 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS


Xa están en marcha as MOCHILAS VIAXEIRA para os diferentes cursos de Primaria de 1º a 6º. Trátase dun material que vos permitirá compartir entre toda a familia tempo, ilusións, sentimentos… lecturas, e en definitiva a vida. Pensamos que a literatura compartida permítenos como pais/nais a oportunidade de conversar e coñecer os intereses, inquedanzas e as ideas dos nosos fillos/as: trátase doutro xeito de pasalo ben en familia. Este ano engadimos algunha novidade como é o LIBRO DE COCIÑA e un de LITERATURA PARA MAIORES na liña de ofertar unha mayor variedade nos materiais que se vos achegan: NON SE TRATA DE QUE LEADES TODOS OS EXEMPLARES A FEITO, SENÓN QUE CADA UN ELIXA O QUE MÁIS LLE GUSTE OU LLE CHAME A ATENCIÓN.Esperamos dende o equipo de Biblioteca sexa una actividade que vos guste.
Ah! lembrade as enquisas e facer algún comentario nos cadernos viaxeiros.

6 feb 2011

HORA DE LER NA AULA DE PRIMEIRO

Volvemos do recreo e facemos eses 20 minutos de lectura silenciosa

sostida que dende logo crea un ambiente máxico no Centro, xa que o

facemos dende E. Infantil ata sexto, adaptando aos diferentes niveis.

Poucos comentarios que facer a estas imaxes que podedes ver a

continuación, dende logo que o descubrimento do proceso lecto-

escritor é toda unha sorpresa:

NORMAS BÁSICAS...

Por se non lembras os puntos fundamentais da guía da Biblioteca Escolar, aquí tedes unha VERSIÓN SUPER MINI coas 5 NORMAS BÁSICAS PARA OS USUARIOS DA BIBLIOTECA ESCOLAR:


SERES DA AUGA

Este mércores 2 de febreiro SABELA de 5º presentounos o seu libro preferido "Seres fantásticos del agua" durante a hora do recreo. Ser te animas a lelo, descubrirás que hai moitos máis que sereas nas profundidades mariñas.

UN MARCAPÁXINAS PARA A PAZ...

Todos o alumnado de Primaria recibiu un marcapáxinas como agasallo do Día da Paz, se queres facer unha copia para agasallar a algún amigo ou familiar, podes descargalo premendo na imaxe , logo imprímelo, dóblalo, un pouco de pegamento e xa está...

TODOS POLA PAZ...


E chegou o día. Saímos todos os cursos ao porche: lectura do manifesto, poemas e frases ditas por personaxes célebres. Cantamos a canción " POR QUE NO SER AMIGOS " de Hombres G e démoslle cor aos grises do Guernica de Picasso.

UN FERMOSO TRABALLO COLABORATIVO COMPARTIDO POR TODOS E TODAS.