O pasado venres 8 de abril dímonos cita en Santiago a totalidade dos responsables das Bibliotecas Escolares dos Centros integrados dentro do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES (PLAMBE). Os centros integrados neste curso 2010-11 asistiron as xornadas dende o xoves 7 de abril. Un total de 374 centros na nosa comunidade intercambiando experiencias e sobre todo aprendendo e ilusionándonos e cargando pilas co traballo dos demáis.
Pola mañá Teresa Mañá e Mónica Baró faláronnos de avaliación: "Avaliar para avanzar, prácticas de autoavaliación na Biblioteca escolar", posteriormente presentación de talleres e experiencias que se están a facer noutros centros, xuntanzas por zonas, xantar e café compartidos... O broche final da xornada puxoo o escritor
XOSÉ NEIRA VILAS, autor do libro
Memorias dun neno labrego que cumple este ano o 50 aniversario da súa publicación. Foi unha emotiva intervención na que o autor fixo un percorrido pola súa vida: dende o seu descubrimento da escrita, dos libros agochados baixo as tellas.... da emigración a Arxentina "para poder mercar máis libros", da súa labor en Cuba xunto coa súa inseparable compañeira Anisia Miranda en prol da literatura infantil e xuvenil... Graciñas dende a Biblioteca da Meigatintureira as asesoras de Bibliotecas Escolares, Cristina e Pilar polo seu traballo e ben facer. Todo un luxo que non esqueceremos poder compartir eses momentos con Xosé Neira Vilas.
Se queredes saber máis sobre os encontros, ver as conferencias... podedes clicar
AQUÍ, entrando como convidados.
Podédelo ver neste vídeo resumo publicado no blog da asesoría de Bibliotecas Escolares de Santiago: