Unha vez máis aquí o temos, ven correndo... pero
A quen lle imos botar a culpa este ano? pois á SARDIÑA. Este ano queimarémola, pero antes non se salvará do normativo xuicio:
CANCIÓN DA SARDIÑA
(coa música de Bob Esponxa)
Quen foi o culpable do frío Polar?
A sardiña, a sardiña!!
E quen en Haití fixo á xente penar?
A sardiña, a sardiña!!
Quen suspende aos nenos e fainos chorar?
A sardiña, a sardiña!!
E por todo iso, quen imos queimar?
A sardiña, a sardiña, a sardiña!!
A sardiña imos queimar!!!!!!
Androia, cacheira, cigarrón, chocas, enterro da sardiña, filloas, peliqueiro, orellas, xoves de compadres e de comadres, ... poderíamos facer un diccionario con palabras propias do Entroido.
Preme na imaxe e verás canto
vocabulario ao tempo que podes aprender a preparar algunhas
receitas típicas desta época do ano: