29 mar 2019

EN ABRIL...CONTACONTOS MIL!


Xa estamos a piques de comezar cos mércores de conto! Non te perdas esta oportunidade e disfruta dun conto ben contado polos teus compañeiros e compañeiras.

Polo momento, contamos coas seguintes datas e colaboracións:

MÉRCORES 3 DE ABRIL: Artai  Javi (3º) con "El búho que quería ser gallo"

MÉRCORES 10 DE ABRIL: Artai e Aarón (2ºB) con "Un león dentro"

MÉRCORES 24 DE ABRIL: Sergio e Hugo (4º) con "Ni guau ni miau"




"MATRIARCAS"

Por fin temos a montaxe do vídeo coa canción de Guadi Galego "Matriarcas"!

Foi un traballo intenso, pero velaquí tendes os resultados!

Non vos perdades ningún detalle porque ven cargado de sorpresas!

Esperamos que vos guste porque é un pracer escoitar e visualizar algo tan fermoso!


Pinchade no seguinte enlace e a disfrutar: MATRIARCAS CEIP A PAZ-TINTUREIRA


Resultado de imagen de canción matriarcas guadi

15 mar 2019

MULLERES SECRETAS ll

Hoxe os nenos e nenas de 3º e 4º, xuntáronse na biblioteca para disfrutar da actividade titulada “Mulleres secretas”. Xuntos compartiron información, vivencias e coñecemento mediante a búsqueda de información nos libros sobre mulleres que temos no recuncho este mes.

Sen dúbida, os títulos máis solicitados foron: “El lápiz mágico de Malala”, “Pioneiras”, “Pioneiras 2”, “Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 1” e “Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2”.

Velaquí tendes unha mostra dos mellores momentos!


Moitos bicos da vosa amiga, a Meiga Tintureira.



14 mar 2019

TENDAL DAS MULLERES IMPORTANTES DA NOSA VIDA

Esta semana o noso tendal da biblio mudou as mensaxes de amor polos retratos dos nosos nenos e nenas que esconden unha muller importante da súa vida.

Moitas destes retratos, reflexan as súas nais, avoas, mestras... Mulleres que son un exemplo a seguir e que forman parte do día a día dos nosos alumnos e alumnas. En definitiva, como di a canción de Guadi Galego: mulleres alentadoras, conquistadoras, brillantes e activistas da nosa vida cotiá!

Non deixedes pasar esta oportunidade de disfrutar dunha exposición de arte na nosa escola!


Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.

10 mar 2019

MULLERES SECRETAS

Para conmemorar o Dìa da Muller Traballadora, os alumnos e a alumnas de 1°, 2°A e 2°B realizaron unha actividade na biblioteca titulada “Mulleres secretas”.

Unha vez en parellas, mezclando os diferentes cursos, tiveron que escoller un dos sobres que contiñan diversas mulleres secretas, importantes na nosa historia e día a día como: Cleopatra, María Montessori, Frida Kahlo, María Callas, etc.

Unha vez descubertas as mulleres secretas, os nenos e nenas tiveron que buscar información sobre a mesma coa axuda dos libros do novo recuncho.

Foi unha actividade moi especial na que desfrutamos investigando e aprendendo xuntos!




8 mar 2019

NOVO RECUNCHO DE CONTOS E HISTORIAS DE MULLERES


Hoxe a nosa biblioteca tinguiuse de cor violeta grazas aos seus carteis que anunciaban un novo recuncho moi especial adicado ao Día da Muller Traballadora.

Neste novo recuncho, podedes disfrutar de diversas biografías de mulleres importantes que, grazas as súas accións, cambiaron o noso mundo; ademais de contos nos que as nenas cobran un papel relevante e deixan florecer a importancia da igualdade e do respecto hacia todas e todos.



Con esta nube de palabras, queremos felicitar a todas esas mulleres que son, como ben di a canción: ALEITADORAS, CONQUISTADORES E ACTIVISTAS da vida cotiá!







7 mar 2019

CONTACONTOS NA BIBLIO!

Hoxe tivemos a sorte de disfrutar dunha hora de ler moi moi especial!

Os alumnos e alumnas de Infantil, 1º e 2º de Primaria tiveron unha sorpresa na biblio: unha sesión de contacontos na que descubriron as aventuras de “O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas”.

Aquí tendes, para mostra un botón, unhas fotografías dos mellores momentos!


Unha aparte da da vosa amiga, a Meiga Tintureira.

1 mar 2019

CHEGOU O ENTROIDO!

Por fin chegou o día!!!!

Hoxe, a nosa escola convertiuse nun bosque cheo de numerosos personaxes de contos que cobraron vida en Tintureira! Algùns incluso, algo desorientados, buscaban conto no que poder participar!

Blancanieves e os seus enanitos, malvadas bruxas, leñadores, espellos máxicos, numerosos animais do bosque, porquiños escapando de lobos, fadas e trasnos, aventureiros como Robin Hood, caparuchiñas vermellas enganadas por lobos, avoas, cazadores facendo xustiza e... un sinfín de árbores dos nosos montes que deron vida ao noso ENTROIDO.

Disfrutade moito desta festa chea de tradicións, diversión e cores!



Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.