27 feb 2024
26 feb 2024
Celebramos o día de Rosalía!!!
Baixo a proposta do Equipo de Normalización lingúitica, do Comedor Escolar, da Biblioteca todo o alumnado do Centro se sumou á celebración da homenaxe a Rosalía de Castro.
Aprendemos o poema MIÑA CASIÑA, MEU LAR (aquí vos deixamos unha proposta do ceip de Seixalbo) do seu libro Follas Novas....onde se orixinou a idea do famoso CALDO DE GLORIA que é seguido na nosa Terra por moitas cociñeiras e cociñeiros como reivindicación da nósa cultura culinaria, houbo recitado colectivo, biografía e claro está, non faltaron os gaiteiros!!!!!
Mesmo nos atrevemos a reimaxinarnos como sería Rosalía na actualidade baixo a proposta do ilustrador galego Aarón Fernández Martínez.
9 feb 2024
31 ene 2024
PEGADAS POLA PAZ
Aquí vos deixo o resultado das vosas pegadas pola paz que se transformaron en fermosísimos pareados cos que cubrimos o porche da escola.
Mirade, mirade!
(clica na flecha da dereita para ver o pase das fotografías e poder les as pegadas)
26 ene 2024
NOVO RECUNCHO NA BIBLIO !
Xa tedes á vosa disposición os libros referentes ao tema da Paz na Biblio. Un novo recuncho no expositor doble do medio da Biblio, ao lado do posto bibliotecario.
Podedes utilizalos cando vaiades á biblioteca lembrade que non os podedes levar á casa ata que se desmonte a exposición.
24 ene 2024
PAREADOS POLA PAZ
Seguro que estes días vos chamou a atención o novo cartel do atril das escaleiras. Animámosvos a esta nova actividade para gañar un novo selo do voso pasaporte:
Pedídelle á vosa titora a pegada para facer o voso pareado!
22 ene 2024
PREPARANDO O DÍA DA PAZ
Como xa sabedes o 30 de xaneiro celebramos o DIA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. É unha celebración a nivel mundial coa que se pretende que nos conciencemos acerca de acerca de valores tan fundamentais coma a tolerancia, a solidaridade, o respecto aos Dereitos Humáns a non violencia... Nós tamén nos preparamos!!!. Esta semana faremos talleres para facer pareados relacionados coa temática da Paz de 2º a 6º e os máis cativos unha palabra. Tamén estamos preparando a canción que cantaremos todos xuntos "Danza da Paz".
18 dic 2023
GUÍA DE LECTURAS PARA TEMPOS FRÍOS
Sempre nos escoitades falar de que o mellor agasallo é un libro.... e éche ben certo, lévanos a mundos inimaxinables, a coñecer personaxes que nunca soñaríamos nin nos soños ou pesadelos máis rebuscados......, pois ala vai á nosa guía de lectura para este Nadal:
5 dic 2023
RECUNCHO DE NADAL NA BIBLIO
Aquí estamos de volta cunha nova que voa vai encantar:
XA ESTÁ MONTADO O NOVO RECUNCHO DE NADAL! Podedes visitalo cando queirades! ben no recreo ou na sesión de Biblioteca. Solo tedes que lembrar unha cousiña:
MENTRES DURE A EXPOSICIÓN NON PODEDES LEVAR OS LIBROS EN PRÉSTAMO para que os vosos compañeiros poidan desfrutar tamén deles!
4 dic 2023
Con N de NADAL
"Oxalá poidéramos gardar en tarros un pouco de espíritu navideño e abrir un cada mes"
Harlan Millar (pensador norteamericano)
O Nadal é unha das épocas do ano favoritas para os nenos e
nenas: recuperamos dos trasteiros esas
figuriñas coas que montaremos o tradicional nacemento, os adornos e
luminaria que lucirán no abeto e os bonitos ornamentos que colgaremos de
portas e fiestras.
Esperaremos ansiosos a chegada de Papá Noel ou a visita dos
Reis Magos, que dende tempos inmemoriais deixan os seus agasallos xunto a
un zapato, nun calcetín pendurado da cheminea, debaixo da árbore de
Nadal,... tentando cumplir os soños e desexos que cada un de nos
esperamos se fagan realidade...
NA BIBLIO DA MEIGATINTUREIRA TAMÉN ESTAMOS A PREPARAR
COUSIÑAS.... ESTADE ATENT@S!
28 nov 2023
DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
Os maiores do cole uníronse na elaboración deste pequeno homenaxe ás víctimas de Violencia de xénero. Posteriormente elaboraron un mural que se colocou no porche da escola elaboraron un mural reutilizando o material dos carteis e baixo os lemas:
A VIOLENCIA DE XÉNERO NON TEN IDADE
A FIN DA VIOLENCIA COMEZA COA EDUCACIÓN
clica na fotografía
17 nov 2023
CONTACONTOS SOBRE A DIABETES
O pasado martes viñeron ao cole a presentar unha sesión de
contacontos para o alumnado de Educacion Infantil promovido pola
asociación ANEDIA que se encarga do asesoramento e axuda a persoas
con diabetes.