"Descubrimos que os libros se relacionan uns con outros de mil maneiras, levan uns a outros por mil camiños,
comunícanse -por amplos corredores ou portas secretas- como as salas
dun pazo inmenso, forman parte dun organismo vivo e en continuo desenvolvemento, son follas dunha mesma árbore. Descubrimos a literatura,
nunha palabra. Non como materia escolar, non como catálogo de títulos e
autores, senón como mundo animado, como universo. Descubrimos a galaxia
Gutenberg, o liberespazo,
moi anterior ao ciberespazo e mellor cartografado, aínda que non por
iso menos rico en sorpresas e aventuras. E ao converternos en libernautas accedemos, entre a infancia e a adolescencia, ao noso primeiro territorio libre." Carlo Frabetti
O ilustrador Andrés Meixide, foi o creador deste "pase ao liberespazo", destinado aos lectores e lectoras. Estes
poderán ir recollendo as súas "viaxes" polos libros e, a través do
visado da biblioteca (que dá fe destas viaxes), acadar a categoría de
"libernautas", con dereito propio a viaxar libremente polo "liberespazo" . (Blog BE galegas)
O alumnado do noso centro participou nesta proposta para cubrir o seu pase ao liberespacio:
No hay comentarios:
Publicar un comentario