O alumnado de Ed. Infantil traballou a partir do conto de Nadarín de Leo Lionni. Para os/as que queirades recordalo, clica na imaxe:
29 ene 2013
27 ene 2013
PARA LER E TRABALLAR EN PAZ
No noso entorno atopamos moitas persoas que traballan e loitan por facer un mundo mellor, por facer do seu entorno un lugar onde todas as persoas poidan vivir a gusto.
Unha desas persoas foi Wangari Maathai:
Enlazamos esta actividade LIM do conto de " Wangari e as árbores da PAZ " co que traballaremos este ano en Primaria. Pertence ao Blog colectivo: ACTIVIDADES LIM feito pola profesora Belén Junquera. Moitas grazas.
Unha desas persoas foi Wangari Maathai:
Enlazamos esta actividade LIM do conto de " Wangari e as árbores da PAZ " co que traballaremos este ano en Primaria. Pertence ao Blog colectivo: ACTIVIDADES LIM feito pola profesora Belén Junquera. Moitas grazas.
Grazas tamén aos compañeiros da Biblioteca Escolar co ceip Victor Saenz:
Seguro que Wangari aprendeu coma vos moitas cancións da súa nai cando era pequena, aqui vos deixo esta para que vaiades aprendendo a ritmo de karaoke esta fermosa canción africana:
...VISITAMOS A BIBLIOTECA NODAL
O alumnado de 4º visitou a Biblioteca Nodal de Vigo que está situada no casco vello da nosa cidade. Se queres coñecer máis sobre ónde está situada, como é o edificio...
Podes ver tamén a galeria de imaxes se clicas na seguinte foto:
EN CABÁRCENO SE OYE CANTAR
Quen canta?....onde?...pois na nosa Biblioteca.....cantamos e non vexades como e con quen?
Pois a verdade é que contamos coa visita de Susa Herrera presentando o seu novo libro:
EN CABÁRCENO SE OYE CANTAR. Un fermoso libro de cancións sobre animais ilustrado polas fermosas e características imaxes de Violeta Monreal. Pero que qué pinta ese nome de Cabárceno por aquí? Pois é o nome dun zoo de Santander onde poderás atopar todos os animais dos que se fala no libro.
Aquí vos deixamos o enlace para que poidades ver a galería de fotos e un pequeno video cunha das cancións do libro.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipapaz/galeria/displayimage.php?album=59&pos=17
DENDE A BIBLIO DA MEIGATINTUREIRA
GRACIÑAS SUSA!!!!!!!!
DENDE A BIBLIO DA MEIGATINTUREIRA
GRACIÑAS SUSA!!!!!!!!
13 ene 2013
OUTRAS BIBLIOTECAS...
Claro que nos encanta a biblioteca da Meigatintureira, pero aquí tedes outras doutras cidadades máis grandes e dende logo impresionantes:
10 ene 2013
CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2013
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de
publicar un calendario para este ano 2013 onde aparecen as datas máis
considerables para celebrar ao longo do ano 2013. Nel terán lugar
diversos aniversarios
significativos para a literatura galega e conmemoracións habituais
arredor do libro e da lectura.
. Un fermoso cartel que nos acompañará durante este ano que comeza!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)