24 mar 2010
OS ALUMNOS DE 2º NA BIBLIOTECA CENTRAL...
Inda que a Biblioteca da Meigatintureira parécenos moi grande, o outro día leváronos á Biblioteca Central de Vigo, no Casco Vello da nosa cidade... Iso sí que é unha Super Biblioteca con tres plantas e todo. A nós deixáronos ver soamente a do sótano que é a zona Infantil e xuvenil, pois nas outras había xente estudiando, lendo ... xa sabedes nas Bibliotecas hai que estar en silencio....
22 mar 2010
22 de Marzo: Día mundial da Auga
Hoxe 22 de marzo é o DÍA MUNDIAL DA AUGA, e as Nacións Unidas adícano á importancia da calidade da auga baixo o lema : " AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAN ". Non so é importante a cantidade de auga senón tamén a calidade, a conservación dos ecosistemas e a prevención da contaminación.
Temos que recordar que según datos de varias ONGs cada día morren no mundo máis de 4.000 nenos por enfermidades relacionadas coa contaminación da auga.
O lema deste curso é " Unha gota de auga, unha gota de vida", lembrades?.
Podedes ver o resultado das propostas de traballo na aulapara o segundo e terceiro ciclo, na seguinte presentación:
21 de Marzo. DÍA MUNDIAL DA POESÍA
A UNESCO, organismo encargado da educación, a ciencia e a cultura, declarou o 21 de Marzo como o Día Mundial da Poesía, durante a 30ª reunión celebrada en París en Novembro do ano 1.999.
Irina Bokova, actual Directora Xeral da UNESCO, redactou unha mensaxe para este día, da que entresacamos este pequeno párrafo:Neste Día Mundial da Poesía 2010, lembremos que a poesía é un territorio universal onde os pobos poden atoparse mediante palabras de todas as cores, ritmos e sons. Palabras, que calqueira que sexa a lingua da que brotaran van moi lonxe en pos dunha luz ligada a esencia mesma do ser humano, á dignidade de cada persoa.
TEXTO DE IRINA BOKOVA
Nos celebraremos esta data poñendo un pouco de poesía na nosa escola, así ao longo da semana disfrutaremos de pequenos recitais poéticos, protagonizados por alumnos e alumnas de sexto.
O programa será o seguinte:
- MARTES: Poesía para ler...
- MÉRCORES: Poesía para contar...
- XOVES: Poesía para arrolar...
- VENRES: Poesía para cantar...
9 mar 2010
A MÁXICA HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ
Seguro que coñeces o Ratiño Pérez. Todas as noites percorre o mundo en busca dos dentes caidos que os nenos esconden baixo as súas almofadas, deixándolles a cambio unha moeda; pero...
a que non sabes que fai con todos os dentes que recolle?, se queres averigualo ven a Biblio e faite co libro "A MÁXICA HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ ", atoparalo na sección de primeiros lectores:
Inda que tamén podes facer como fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º que foron hoxe aos cines Yelmo ver " EL RATÓN PÉREZ 2 ". Se queres saber máis cousas sobre a película clikea no título da mesma e poderás averigualas:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)