29 nov 2018

CHEGARON OS CONTOS DE NADAL!


Esta semana recibimos unha nova mensaxe da Meiga Tintureira a través de diferentes carteis situados nas entradas da escola e da biblioteca!



Moi entusiasmados e entusiasmadas descubrimos na biblioteca un novo recuncho con contos sobre o Nadal e a súa maxia.

Entre eles podedes atopar títulos coma: “Os tres Reis Magos de Oriente”, “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”, “Mi libro de adviento”, “Feliz Navidad, Mauro”, “Feliz Navidad”, “El pequeño dragón Coco y Papá  Noel”, “O Nadal de Ernesto e Celestina” e...moitos máis que todavía están de camiño, xa que esta Meiga Tintureira non para! De onde virá tan cargada?



Animádevos a disfrutar deste novo recuncho cheo de cores, ilusión e de soños!

Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.




25 nov 2018

25 de novembro CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa finalidade de denunciar a violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo e abordar os esteriotipos de xénero.



Para conmemorar esta data, aquí tendes unha serie de contos que reivindican o rol feminino na sociedade, rompe cos esteriotipos sexistas e denuncia a discriminación para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.






Non deixedes pasar a oportunidade de ler cos vosos fillos e fillas, analizar e comentar as diversas situaciòns que se amosan nestes contos!





23 nov 2018

BUZÓN DE SUXESTIÓNS

Xa temos en marcha o noso buzón de suxestións!

Animádevos a escoller unha das papeletas e facer da biblioteca un espazo mellor coas vosas propostas de lectura e ideas.

Para iso recordade ter en conta o seguinte código de cores:

- AZUL, para as propostas de mellora en relación coa organización e funcionamento da biblioteca.
- AMARELO, para propoñer diversas actividades que pensas que poidan ser interesantes.
- VERDE, se desexas que merquemos algún conto ou libro que teñas moitas ganas de ler.

Un saúdo da vosa amiga, a Meiga Tintureira.


12 nov 2018

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Un ano máis continuamos coa colaboración do alumnado de 5º e 6º na biblioteca!

Para o presente curso contamos con 37 alumnos e alumnas que, durante os recreos, estarán para resolver as vosas dúbidas sobre: o catálogo, o préstamo, os xogos, recomendacións, etc.

Estade moi atentos e atentas porque tamén realizarán diversas actividades de dinamización das que poderedes disfrutar próximamente.

Unha sorte poder contar con todos vós e poder facer da biblioteca un espazo de unión, interese e disfrute.

Velaquí os tendes!











"Mucha gente pequeña, en lugares pequeños, haciendo cosas pequeñas, puede cambiar el mundo" (Eduardo  Galeano)

7 nov 2018

IX XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Nos vindeiros días celebrarase, en Santiago de Compostela, a IX edición das Xornadas de Bibliotecas Escolares. Estas xornadas convocan cada ano a un milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia.

Acudirán numerosos profesionais que axudarán á reflexión sobre os novos retos que afrontan as bibliotecas escolares tendo en conta a diversidade do alumnado e as múltiples posibilidades que temos a nosa disposición na actualidade.

Unha oportunidade para seguir aprendendo, compartindo ideas e experiencias con outros centros educativos e diversos profesionais; sen perder de vista a temática deste ano: A POESÍA.





Recuncho de Ciencia

Hoxe recibimos unha nova mensaxe da Meiga Tintureira:


Con moita ilusión e curiosidade descubrimos un novo recuncho na biblio: O RECUNCHO DA CIENCIA! Nel podedes atopar numerosos libros sobre experimentos, sobre a luz, a electricidade, a enerxía, a reactividade...e información acerca de diversos científicos e científicas como Isaac Newton, Einstein, Marie Curie, etc. que cos seus descubrimentos e investigacións cambiaron o noso mundo.

Non vos perdades esta oportunidade de descubrir, investigar e experimentar coa Ciencia!


Apertas da vosa amiga, a Meiga Tintureira.


6 nov 2018

Mochilas viaxeiras en marcha!

Un ano máis as mochilas viaxeiras xa están de volta! Esta vez unhas mochilas repletas de novos contos, poesías, manualidades e películas.

Unha actividade para disfrutar en familia que esperamos sexa do voso agrado.

Disfrutádeas e recordade cubrir as enquisas xa que a vosa opinión é moi importante!

Apertas da vosa amiga, a Meiga Tintureira.


2 nov 2018

Feliz Samaìn!

Con esta nube de palabras, a Meiga Tintureira desèxavos un feliz Samaìn!