16 feb 2022

RECIBIMOS UN AGASALLO DA LIBRERÍA MOBBY DICK , PARA A NOSA BIBLIOTECA. MIL GRAZAS !!!!!

 

XOGO DA BIBLIO PARA OS DE 5º ONDE INVESTIGAR E APRENDER SOBRE AS MULLERES NA CIENCIA

 Custa recoñecer o logro das mulleres na ciencia, e aiso chámase EFECTO MATILDA. Xa que foi  Matilda Joslyg Gage a primeira muller en denunciar, que as mulleres científicas non recibían, nin reciben moitas, aún hoxe o recoñecemento que merecen. 
Por iso, son necesarias este tipo de actividades que nos achegan a vidas descoñocidas, e outras algo máis coñecidas, que tan importantes foron e son para mellorar a nosa vida e o noso mundo. POR ELAS!



11 feb 2022

XA TEMOS NA BIBLIO UN RECUNCHIÑO PARA CELEBRAR O "DÍA DA MULLER NA CIENCIA"

 

UN CONTO PARA A PAZ E ONDE FACER TRABALLO COLABORATIVO CON TODO O ALUMNADO DE INFANTIL: "GARABATO E TINTA" DE ETHAN LONG.

 Con este conto de Ethan Long editado por Lata de Sal, nas sesión de Atención Educativa, lembramos que ás veces somos un pouco Tinta e outras veces, un pouco Garabato. Creemos que o noso é o mellor, que somos os mellores, e nos enfadamos, criticamos e hasta pelexamos. Pero coa súa historia e este obradoiro de traballo colaborativo, comprobamos como Garabato e Tinta, que xuntos todo é máis doado e nos sentimos máis felices. E que podemos facer cousas moito máis chulas. Mirade!












3 feb 2022

UN CONTO PARA A PAZ: "LOS PÁJAROS DE COLORES" - PAKAPAKA (RELATO TRADICIONAL CUBANO)

Estes días estivemos preparando a celebración do día da Paz, e nas sesións de Atención Educativa e de biblioteca de Educación Infantil, estivemos conversando a partires do que vimos neste relato tradicional cubano. Falamos de a necesidade de aceptar a cada un como é por dentro e por fora, coa súa forma de ser, pensar, sentir ou facer as cousas. Que ninguén é mellor que os demais, que nós podemos ensinar moitas cousas aos demais, pero que tamén podemos aprender deles. E por iso, non debemos esquecer que as diferenzas nos enriquecen, e fan a vida máis sorprendente, diferente e moita veces, máis divertida.


E despois decidimos facer o noso paxaro de cores, para amosar os nosos desexos o facelo. E comprobamos que fixemos todos os paxaros diferentes, e que todos eran moi bonitos. E xuntos, pensamos que así son máis chulos, e que sería moi aburrido que foran todos iguais.

Estes son os paxaros que fixeron os nenos e nenas da aula de 6º de Educación Infantil.













Estes son os paxaros que fixeron os nenos e nenas da aula de 5º de Educación Infantil.