Non sabemos moi ben como, pero apareceu no cole unha caixa un pouco estropeada na que viñan unhas botellas, que parecían conter unha mensaxe dentro delas. Pepé, o noso conserxe, foi quen deu o aviso de que chegara o paquete, e como se trataba de nove botellas que, por enriba, levaban o logo da nosa benquerida MEIGATINTUREIRA ..... estaba claro que se trataba dunha mensaxe para cada unha das clases. Fantástico, xa estabamos ansiosos e nos preguntábamos que sería dela este curso despois do caluroso verán.
Aquí vos deixo a súa carta en formato libro ilustrado... vede, vede... este verán sí que o pasou de medo!!!:
No hay comentarios:
Publicar un comentario