26 abr 2024

AS PROFES TAMÉN CONTAN....

 A proposta da nosa Meiga para o xoves 25 de abril foron CONTOS CONTADOS POLO PROFESORADO!!! Todos inmersos na lectura das nosas historias preferidas!!!!

24 abr 2024

RECUNCHOS DE NOVIDADES: OS LIBROS SAEN AOS RELLANOS

    Hoxe poidemos desfrutar ao longo da mañán dos NOVOS RECUNCHOS instalados temporalmente nos rellanos das escaleiras: diante da Biblioteca, diante dalgunhas aulas... colocados estratéxicamente para que tod@s  os tivésemos á man e poidésemos ter acceso aos novos exemplares antes de que pasen aos andeis da Biblio.

23 de abril de Quinto Tintureira

22 abr 2024

LECTURA NO PATIO !!

Unha xornada inesquecible na que o tempo atmosférico foi un bo aliado.

Cada un de nós colleu o que máis lle apetecía ler (xornais, poesía, 

cómic...) e TODOS FÓRA!:


18 abr 2024

Semana do DIA DO LIBRO

Como xa sabedes o 23 de Abril celebramos o día Internacional do libro.

Dende o Equipo da Biblioteca estamos a preparar unha semana arredor desta data chea de actividades. Ídevos preparando a disfrutar do pracer da lectura.

Aquí vos deixamos o programa:  




1 abr 2024

CONCURSO DE CARTACES "DÍA DO LIBRO"

Un novo selo para continuar o noso camiño, para avanzar e ir completando 

a Compostelana no TINTUPEREGRINANDO deste ano:

                           ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!


 

29 mar 2024

2 de abril, unha data para ter en conta.

 O vindeiro 2 de Abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, data moi cercana ao vindeiro 23 do mesmo mes no que celebramos o DIA do LIBRO.

Específicamente este ano o lema é:

              Navega polos mares coas alas da túa imaxinación

 A ilustración do cartel é da ilustradora xaponesa Nana Furiya.

 Se clicades na imaxe poderedes ver o poema elaborado para a ocasión por Eiko Kadono, escritora xaponesa, que afirma:

       " Empezar a ler un libro é como abrir unha porta a un mundo diferente. Unha porta que non se pecha ao final da historia, sempre hai outra que agarda para ser aberta..."

 


 

4 mar 2024

A ASOCIACIÓN FRAN-GIL VISITA A NOSA ESCOLA

 O pasado  1 de marzo tivemos a visita do fundador da asociación      FRAN-GIL que loita para facer máis doada a vida das persoas que padecen un tipo específico de cancro que é a leucemia. O seu lema é       "REGALA VIDA" e baixo esta perspectiva, o alumnado de 5º e 6º foi o receptor dunha interesantísima charla cun punto de vista moi humano e cercano aos rapac@s. Contounos a orixe da: Marcha Solidaria “700 Camisetas Contra La Leucemia”.

                                             GRACIAS!!!!

1 mar 2024

Exposición 8 de marzo: celebramos o DÍA da MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller 2024 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: "Investir nas mulleres, acelerar o progreso", poñendo o foco nun mundo que se enfronta a múltiples crises que someten ás comunidades a unha inmensa presión, lograr a igualdade de xénero é máis vital que nunca. Garantir os dereitos das mulleres e as nenas en todos os ámbitos da vida é a única forma de asegurar o desenvolvemento sostible. (ONU mujeres).

A recopilación de materiais para esta celebración tédela no recuncho que está a carón do posto bibliotecario, aquí vos deixamos algúns exemplos.



26 feb 2024

Celebramos o día de Rosalía!!!

    

Baixo a proposta do Equipo de Normalización lingúitica, do Comedor Escolar, da Biblioteca todo o alumnado do Centro se sumou á celebración da homenaxe a Rosalía de Castro.

    Aprendemos o poema MIÑA CASIÑA, MEU LAR (aquí vos deixamos unha proposta do ceip de Seixalbo) do seu libro Follas Novas....onde se orixinou a idea do famoso CALDO DE GLORIA que é seguido na nosa Terra por moitas cociñeiras e cociñeiros como reivindicación da nósa cultura culinaria, houbo recitado colectivo, biografía e claro está, non faltaron os gaiteiros!!!!! 

    Mesmo nos atrevemos a reimaxinarnos como sería Rosalía na actualidade  baixo a proposta do ilustrador galego   Aarón Fernández Martínez.


Recorta a túa Rosalía video de Quinto Tintureira

23 feb 2024

CAMIÑANDO A COMPOSTELA...

Lembrade que están á vosa disposición os materiais para o proxecto deste curso: 

" DESTINO SANTIAGO: TINTUPEREGRINANDO "

Este é o novo material recén chegado: