18 jun. 2020

RECOMENDACIÓN DE LECTURA PARA ESTE VERÁN!!!

Aquí vos deixamos unha chea de posibilidades de lectura para todas as idades. E se sodes grandes lectores e non é suficiente... Atoparedes moitas máis nas bibliotecas e librerías da nosa cidade, ou dos lugares onde pasedes as vacacións. 
Sexa como sexa, a Meiga Tintureira vos desexa un feliz verano, e vos pide que non vos perdades a experiencia de vivir aventuras coa lectura.



RETOS DE LECTURA PARA ESTE VERÁN 2020!!!


Anímate a comprar ou buscar un libro, seguindo algún dos nosos retos e goza da experiencia de decidir unha nova aventura, cambiando a maneira de tomar decisións. Este verano vive unha dobre aventura coa lectura.



OS GAÑADORES DO CONCURSO LITERARIO DE INVERNO!!!

Como cada ano, no noso cole celebróuse o concurso literario de inverno. E polas circunstancias especiais deste ano, todos e todas as participantes, son gañadoras e terán o seu agasallo. Clicade nesta dirección para ler as súas xeniais historias. NORABOA!!!

https://www.flipsnack.com/tintureira/concurso-literario-de-inverno.html


12 jun. 2020

CUENTOS QUE CONTAGIAN ILUSIÓN-DA FUNDACIÓN ONCE.

O obxectivo desta colección de lecturas, é ensinar as vivencias de nenos e nenas con outras capacidades, a través das súas divertidas aventuras. PINCHA no enlace que tes aquí debaixo, e irás á páxina da ONCE, onde estarán todos os libros que poderás ver se clicas enriba deles.

http://bibliotecainfantil.fundaciononce.es/


23 may. 2020

DA MAN DE OQO EDITORIAL, UNHA CHEA DE FILMES EN GALEGO

Pinchade no enlace para gozar de filmes en galego.

https://www.youtube.com/channel/UCEfA7SyrMlfXAXF_-tp1uVQ

COMO FACER UN FORMATO DE LIBRO, ONDE ESCRIBIR OU DEBUXAR UNHA HISTORIA.

Pincha no enlace, e verás os pasos para crear un formato, no que logo deixar voar a túa imaxinación con debuxos ou palabras. Anímate a facelo!!!

https://www.youtube.com/watch?v=65ddFv5K8wQ

FAI OS TEUS PRIMEIROS INTENTOS DE BANDA DESEÑANDA... ANÍMATE!!!

Pincha nos enlaces e anímate a crear con algúns consellos de dous grande neste xénero.

DEBUXAR NO COMIC CON FIZ E QUIKO DA SILVA.

O BOCADILLO CON XOSÉ TOMÁS.
https://www.youtube.com/watch?v=I27dYQEsQkY

XOGA E APRENDE CON DON QUIXOTE!!

Pincha no enlace e xoga con esta gran obra da nosa literatura.
http://ntic.educacion.es/w3/recursos/infantil/aprende_diviertete_quijote/escritorio.htm

PALABRAS FERMOSAS EN GALEGO!!!

Os chicos e chicas de 3º de Educación Primaria son uns artístas e así deron vida a moitas palabras fermosas que temos en galego. aquí vos deixamos un aperitivo, son XENIAIS!!!
 


PINCHADE NO ENLACE PARA VER O RESTO.

11 may. 2020

ACABARÁN CO...CORONAVIRUS!!!

Con esta actividade que titulamos “Acabarán co… coronavirus” quixemos facer un pouco de terapia cos nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria.  Unha boa maneira de loitar contra o medo e debuxalo. Quixemos darlles un motivo para pensar, sentir e incluso debuxar o medo que lles rodea. Pero tamén, para facer arte curativo, imaxinando un personaxe que vai acabar con este virus, con este medo que tanto cambiou as súas vidas, o entorno e o mundo no que vivimos. Aquí están estes personaxes horribles fisicamente, pero bos para eles, porque loitan contra o virus. Eses personaxes que xa existen grazas a súa imaxinación.
1ª PARTE


2ª PARTE


TRASNADAS OU RISAS CONTRA O CORONAVIRUS!!!

Que mellor medicina contra a tensión e incerteza coa que convivimos, que compartir unhas trasnadas que nos sorprendan e nos fagan rir. Quen non fixo loucuras ou meteu a pata algunha vez. Aquí temos unha chea de trasnadas que fixeron e compartiron con nos, algúns alumnos e alumnas de 3º, 4º. 5º e 6º de primaria, para que pasedes un bo rato.  



7 may. 2020

A POESÍA DE CARVALHO CALERO EN 7 PALABRAS

Un novo setestrelo que lle dedican no Portal das Palabras  e que é un convite a descubrir a súa lírica dende os primeiros libros ata os póstumos.  Pinchade no enlace:

https://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/a-poesia-de-carballo-calero-en-sete-palabras/