Coma todos os anos, visítaronos o alumnado de 2 anos da Escola Infantil LÚA. Unha mañá na que o alumnado de Ed. Infantil do centro compartiu xogos na aula de psicomotricidade e na Biblioteca unha obriña de Teatro sobre o clima, creada polo alumnado da aula de 3ºB titulada: " CHEGOU O FURACÁN ", tamén houbo cancións e...... chiculate con biscoitos no comedor para rematar!!!
28 mar 2016
15 mar 2016
ONCE UPON A TIME....
Case todos os contos clásicos comenzan como sabedes, con formas fixas e moi coñecidas como:
Érase unha vez...
Nun lugar moi lonxano ...
Fai moitos, moitos anos....
E claro está, nós non íamos ser menos:
ONCE UPON A TIME...
Mirade que libriño máis chuli coas descripcións dos personaxes dos contos clásicos fixeron os compañeiros de terceiro!, estavos esperando na Biblio, dentro da sección de FEITOS POR NÓS!
4 feb 2016
INVESTIGANDO POLA PAZ....
2 feb 2016
MI PAÍS ESTÁ EN GUERRA
Mi
país está en guerra é o título da historia elexida para conmemorar o
día da Paz co alumnado de Primaria. A obra da autora infantil e xuvenil de orixen libanés Fátima Sharafeddine.
Tamén se realizou un traballo colaborativo no que participou todo o centro elaborando unha árbore con ideas para fomentar nos nosos ámbitos as relacións tranquilas e sosegadas, que tomaron forma de bombilla.
18 ene 2016
11 ene 2016
4 ene 2016
CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA
Datas e máis datas...... as datas son moi importantes.... as veces esquecemos algunha delas e a reflexión que implican, por eso celebramos o DIA DE...... (para todo o que vos imaxinedes hai un día de......).
Aquí deixamos éste referente ao mundo dos libros e das letras editado pola Xunta: DATAS PARA TER EN CONTA TODO O 2016.
15 dic 2015
GUÍA DE LECTURAS, CINE E MÚSICA... PARA TEMPOS FRÍOS
Vai chegando o frío, inda que este ano moi paseniñamente, e con él xa están próximas as tan esperadas vacacións de NADAL. Que mellor momento para pasar en familia e compartir, por qué non lecturas ao calor dos que máis queremos e nos queren. Aquí vos deixamos un ano máis unha guía con algunhas propostas para pasar un Nadal máis entretido/a:
6 dic 2015
2 dic 2015
EN MARCHA AS MOCHILAS..... UNHA ACTIVIDADE PARA COMPARTIR EN FAMILIA
Un ano máis, unha proposta da BE que sempre é recibida con moita ilusión, tanto por parte do alumnado como das súas familias. Disfrutádeas!!!!! e lembrade de cubrir as enquisas que nos permiten ter en conta as vosas suxestións!!!!!! así como os comentarios que deixades nos cadernos viaxeiros!!! todo nos axuda a avanzar!!
29 nov 2015
UN CONTO, DOUS CONTOS, TRES CONTOS, CATRO...
Un ano máis visitounos o Sr GRAVATA TORTA: Contos para soñar, para sentir, para xogar, para cantar..... unha chea de contos.
17 nov 2015
MARCHAMOS A COMPOSTELA.... !
Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en
Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Coma en anos anteriores, estas xornadas convocan arredor dun milleiro de profesoras e profesores de
toda Galicia.
O programa previsto contempla un bo feixe de experiencias de bibliotecas
escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en
alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso
2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados
por distintas bibliotecas escolares. Acudirán, así mesmo, expertos de
distintos ámbitos que axudarán á reflexión sobre os novos retos que
deben enfrontar as bibliotecas escolares e os centros, en definitiva,
para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do
alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado.
Coma sempre, figuras de primeira orde coma Carlos Magro, Xurxo Mariño, Guadalupe Jover, Felicidad Campal, Rosa Piquín e Ana Siro acompañarán
ao profesorado galego nesta cita anual para o intercambio de
experiencias, a análise eo desenvolvemento de recursos para unha mellor práctica na escola .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






