Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en
Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Coma en anos anteriores, estas xornadas convocan arredor dun milleiro de profesoras e profesores de
toda Galicia.
O programa previsto contempla un bo feixe de experiencias de bibliotecas
escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en
alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso
2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados
por distintas bibliotecas escolares. Acudirán, así mesmo, expertos de
distintos ámbitos que axudarán á reflexión sobre os novos retos que
deben enfrontar as bibliotecas escolares e os centros, en definitiva,
para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do
alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado.
Coma sempre, figuras de primeira orde coma Carlos Magro, Xurxo Mariño, Guadalupe Jover, Felicidad Campal, Rosa Piquín e Ana Siro acompañarán
ao profesorado galego nesta cita anual para o intercambio de
experiencias, a análise eo desenvolvemento de recursos para unha mellor práctica na escola .
No hay comentarios:
Publicar un comentario