17 nov 2022

RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: DO CONTO DE ALICIA NO PAÍS DAS MARAVILLAS A RIQUÍSIMOS "SUPERBOCATAS" DE CHOUPAS NO COMEDOR.

 Grazas ás ideas da nosa cociñeira Libia, hoxe ó noso bocadillo de choupa, de pan trigo autóctono galego e rúcula ecolóxica, pasóulle coma a Alicia a do conto, MEDRO E MEDROU!!!

Non nos visitou o Sombrereiro Tolo para convidarnos a té, pero igual que no libro de "Alicia no país das marabillas", no comedor do CEIP A Paz Tintureira calquera día nos vale para celebrar os "non cumpreanos".

E hoxe ás únicas que se lles cortou a cabez, foi ás estupendas choupas que nos trouxo Pescados Loureda, e como sempre ao "xuizo", fomos nós como acusados, pero a condea foi mínima.

Os nosos proveedores: Pescados Loureda, A Leira de Lola e Aboamigalla.





No hay comentarios: