ONDE BUSCAR INFORMACIÓN
26 feb 2022
24 feb 2022
18 feb 2022
16 feb 2022
XOGO DA BIBLIO PARA OS DE 5º ONDE INVESTIGAR E APRENDER SOBRE AS MULLERES NA CIENCIA
11 feb 2022
UN CONTO PARA A PAZ E ONDE FACER TRABALLO COLABORATIVO CON TODO O ALUMNADO DE INFANTIL: "GARABATO E TINTA" DE ETHAN LONG.
Con este conto de Ethan Long editado por Lata de Sal, nas sesión de Atención Educativa, lembramos que ás veces somos un pouco Tinta e outras veces, un pouco Garabato. Creemos que o noso é o mellor, que somos os mellores, e nos enfadamos, criticamos e hasta pelexamos. Pero coa súa historia e este obradoiro de traballo colaborativo, comprobamos como Garabato e Tinta, que xuntos todo é máis doado e nos sentimos máis felices. E que podemos facer cousas moito máis chulas. Mirade!
3 feb 2022
UN CONTO PARA A PAZ: "LOS PÁJAROS DE COLORES" - PAKAPAKA (RELATO TRADICIONAL CUBANO)
Estes días estivemos preparando a celebración do día da Paz, e nas sesións de Atención Educativa e de biblioteca de Educación Infantil, estivemos conversando a partires do que vimos neste relato tradicional cubano. Falamos de a necesidade de aceptar a cada un como é por dentro e por fora, coa súa forma de ser, pensar, sentir ou facer as cousas. Que ninguén é mellor que os demais, que nós podemos ensinar moitas cousas aos demais, pero que tamén podemos aprender deles. E por iso, non debemos esquecer que as diferenzas nos enriquecen, e fan a vida máis sorprendente, diferente e moita veces, máis divertida.