28 nov 2021

CONTO CON OBRADOIRO: ! TÚ PUEDES¡ DE OLE KÖNNECKE

Este conto axudounos nunha sesión de Atención Educativa cos nenos e nenas de 3 anos, a falar sobre as cousas que nos custa facer solos.

E descubrimos co paixariño Burt, que sempre é bo atreverse, ariscarse e intentalo. Que non pasa nada por ter medo, ou sentir que non sabemos. É algo normal, e se non nos saen as cousas ben, sempre podemos pedir axuda, moita ou pouca, e volver a intentalo. Por que somos capaces, e porque cando o conseguimos, sentímonos... XENIAL!

E así, foi como se sentiron facendo un obradoiro, onde empregando a técnica de papeis rotos, crearon a imaxe da portada do conto. Porque non sabían que cunha chea de papeis, entre todos e todas, ían facer un debuxo... TAN CHULO!



No hay comentarios: