ONDE BUSCAR INFORMACIÓN
▼
20 dic 2019
18 dic 2019
17 dic 2019
5 dic 2019
O Nadal chegou á nosa biblioteca!!!
Así de cheo está o noso recunchiño de Nadal. Nel podedes atopar unha morea de contos, libros de aventuras, de decoración, de receitas, etc. Vinde a gozar cos personaxes, historias e posibilidades destas datas tan máxicas!!!.
25 nov 2019
Entramos na semana da Igualdade!!!
Estes días aproveitando a data "Contra a violencia de xénero", abrimos na nosa biblio un recuncho, pequeno pero moi importante e necesario. Este espazo que chamamos "Somos iguais" queremos que sirva para acercar ao noso alumnado a historias de loita, sobre todo de mulleres, por acadar os mismos dereitos para todos e todas. Porque queda moito camiño por percorrer, e o noso alumnado ten que crecer sabendo que todos e todas temos as mesmas libertades e dereitos. Todos e TODAS!!!
Os nosos pequenos contacontos!!!
Todos os día na hora de ler temos unha chea de voluntarios dispostos a visitar as aulas de infantil, para ler un conto. Dende 1º ata 6º, todos os alumnos e alumnas de primaria que queren, preparan durante uns día un conto e logo, van ás aulas de infantil onde se converten nos pequenos contacontos.
A verdade é que son xeniais, e moitas veces nos sorprenden cargados de agasallos: escenificacións, cannións, debuxos, etc. que os peques reciben encantados.
Graciñas chicos e chicas!!!
A verdade é que son xeniais, e moitas veces nos sorprenden cargados de agasallos: escenificacións, cannións, debuxos, etc. que os peques reciben encantados.
Graciñas chicos e chicas!!!
Os nosos axudantes da biblioteca!!!
Un
ano máis, a nosa biblioteca xa está funcionando cos seus axudantes e
axudantas.
Parte do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, nos recreos acoden á biblio
para votar unha man en todo o que sexa necesario.
Como
cada ano, firmaron un contrato no que se comprometen como axudantes, a cumprir
as normas da biblioteca, ir durante todo o curso,o día que lles toca da semana,
no tempo do recreo.
Estes
primeiros días, estivemos con eles e fixémoslles unha pequena entrevista. Estas
foron algunhas das súas respostas:
Mestra:
- ¿Por que vos gusta ser axudantes da biblioteca?
Alumnado:
- Porque queremos votar unha man no
cole e axudar ás profes.
- É que nos gusta axudar aos demais.
- E tamén, axudar para que a
biblioteca estea ben ordenada e os libros no estean polas mesas.
-
E que no os deixen por aí, fora do seu lugar.
- Porque nos gusta axudar a buscar
libros aos pequenos.
- Porque é divertido poñerse o
chaleco e así te fan mais caso e deixan todo colocado.
- E eu, pásoo mellor que no patio
porque son axudante co meu amigo e estamos xuntos facendo todo.
Mestra:
- ¿Vos parece importante firmar o contrato?
Alumnado:
- Si, porque é algo serio e si non ves, na biblioteca poden
quedar cousas mal.
- Claro, porque así faste más responsable, porque firmaches o
contrato.
- Claro, e tamén que tes que esforzarte, e un día que che apeteza
xogar no patio, pois tes que vir porque
tiñas que pensalo antes de firmar o contrato.
Mestra:
- ¿Cales son as vosas tarefas?
Alumnado:
- Pois axudar aos outros no que necesiten na biblioteca.
- Si, axudalos a buscar libros ou contos nos estantes.
- E tamén, colocar os libros que levaron de préstamo no seu
sitio.
- Ensinarlles a buscar os xogos no ordenador.
- E as veces, tamén a enchufalo e apagalo.
- Tamén, lles dicimos que teñen que falar baixo cando falan
alto e molestan aos demais.
- E somos os últimos en marchar da biblioteca, porque temos que
mirar que quede todo colocado, libros, cadeiras y todo.
Quedounos claro, que saben o importante que é o que
fan, e que están encantados axudando este rato na nosa biblioteca.
12 nov 2019
A xogar na biblio!!!
Seguimos con mais novas. Agora a biblio ademais de espazo de ler é un espazo de xogos que podemos disfrutar todos os recreos.
Vinde a gozar coa multitude de xogos que temos. Mirade como o pasamos de ben!!!
Vinde a gozar coa multitude de xogos que temos. Mirade como o pasamos de ben!!!
4 nov 2019
Contacontos de medo co alumnado de 6º de Primaria!!!
Os nosos chicos e chicas de 6º de Educación Primaria, levaban uns días preparándose... E o pasado mércores día 31 de outubro, fixeron unhas sesións de contacontos terroríficos por todo o cole. Moi metidos no papel cos seus disfraces e caracterizacións, fixérono xenial!!!
Aquí tedes unhas fotos dalgúns dos mellores momentos.
Aquí tedes unhas fotos dalgúns dos mellores momentos.
29 oct 2019
Xa tedes o recuncho do medo para vivir o Samín e Halloween!!!
Visitade o noso recuncho do medo!!! Está cheo de historias terroríficas para todas as idades.
ATRÉVETE!!!
Abrimos a nosa biblioteca!!!
O 24 de outubro tivemos festa rachada
na nosa biblioteca. Chegou a tan esperada carta da nosa Meiga Tintureira. Como
cada ano fíxonos unha proposta para investigar, xogar e aprender a través dos
recursos da biblioteca. Este ano vai ser sobre "As Olimpíadas",
porque o 2020 é un ano olímpico!!!
Aquí
vos deixamos a súa carta e as cousiñas que fixemos para festexar a apertura da
nosa biblioteca, co visionado de curtametraxes olímpicos e participando en
obradoiros nos que fixemos medallas, bandeiras e carteis sobre o tema.
A
biblioteca queda inaugurada e xa podedes vir a gozar dos seus recursos. Vos
esperamos!!!
23 oct 2019
Este xoves inauguramos a biblio!!!
Xa está chegando a Meiga Tintureira!!! Como cada ano, na súa biblioteca imos ter unha chea de actividades e concursos xeniais. E ademais, aquí os deixamos uha pequena parte das novidades que vos están esperando e algunhas cousiñas mais que mercamos e fixemos para anunciar a súa chegada.
Lembrade, este xoves, día 24 de outubro, estades todos convidados á inaguración da biblio!!!
Lembrade, este xoves, día 24 de outubro, estades todos convidados á inaguración da biblio!!!
21 jun 2019
MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR
Agora si que si, despedímonos ata o vindeiro curso! Desfrutade moito do verán, do tempo de lecer, da familia, dos amigos e amigas e de non facer nada que iso, tamén é necesario!
Deixámosvos unha canción moi veraniega para ir collendo ritmo. E recordade que...para viaxar lonxe non tedes mais que coller un libro!
Unha calurosa aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.
Deixámosvos unha canción moi veraniega para ir collendo ritmo. E recordade que...para viaxar lonxe non tedes mais que coller un libro!
Unha calurosa aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.
17 jun 2019
GUÍA DE LECTURAS MOI MOI DIVERSA
Xa chegou! Xa está aquí! Por fin chegou o día!
Un curso máis aquí tendes a ansiada guía de lecturas para o verán de 2019!
Esta vez, unhas lecturas moi especiais cheas de historias diferentes, con xente diferente, ás que lle suceden cousas diferentes. Porque a diversidade é unha característica de todos e todas xa que non todos temos os mesmos gustos, as mesmas oportunidades, as mesmas cualidades...
Pero, recorda! se tes a sorte de ser diferente, non cambies nunca!
Pero, recorda! se tes a sorte de ser diferente, non cambies nunca!