10 mar 2019

MULLERES SECRETAS

Para conmemorar o Dìa da Muller Traballadora, os alumnos e a alumnas de 1°, 2°A e 2°B realizaron unha actividade na biblioteca titulada “Mulleres secretas”.

Unha vez en parellas, mezclando os diferentes cursos, tiveron que escoller un dos sobres que contiñan diversas mulleres secretas, importantes na nosa historia e día a día como: Cleopatra, María Montessori, Frida Kahlo, María Callas, etc.

Unha vez descubertas as mulleres secretas, os nenos e nenas tiveron que buscar información sobre a mesma coa axuda dos libros do novo recuncho.

Foi unha actividade moi especial na que desfrutamos investigando e aprendendo xuntos!




No hay comentarios: