Os días 9 e 10 de novembro de 2012 terán lugar, no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela, as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA,
cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa
biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos.
O lema destas xornadas, LER PARA VER recolle a
necesidade de educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios
de comunicación, dos medios polos que se transmite información na
sociedade actual, unha sociedade na que a información se transmite fundamentalmente a través das redes sociais, o móvil, video...
No hay comentarios:
Publicar un comentario