9 dic 2011

O APALPADOR

           Todas as culturas teñen un home sabio pola idade que lles axuda aos nenos a pasar o inverno. A cultura galega ten o Apalpador, que sobreviviu nos montes do Courel e o Cebreiro (Lugo). Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador.

O Apalpador é un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.

Na noite do 31 de decembro baixa ata as aldeas, e achégase aos nenos e ás nenas que dormen e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame. (Vieiros da Escola decembro 2009).

 Escoita como Fina conta como ela vivira de nena a visita do Apalpador:


 Agora podes escoitar e velo en forma de conto:


Pola excitación da chegada do Apalpador e da xente que está na casa esa noite as criaturas non poden durmin e bulen polo que para sosegalos os maiores da casa cantábanlles a seguinte cantiga:

Vaite logo meu meniño
marcha agora pra camiña
que vai vir o Apalpador 
a palparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande, 
día do Noso Señor,
xa chegou o día grande
e virá o apalpador.

Mañá é día de cachela
e haberá gran nevarada
e ha de vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Aquí a podedes escoitala na voz de Xavier Días:

No hay comentarios: