ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

28 abr 2011

DÍA DO LIBRO 2011: A ESCRITORA ANA MARÍA MATUTE RECIBE O PREMIO CERVANTES 2010.


"OS LIBROS SON A FORMA DE DIÁLOGO MÁIS PODEROSA ENTRE S PERSOAS, NAS COMUNIDADES, ESTRE AS XERACIÓNS E CON OUTRAS SOCIEDADES..." ,Mensaje de la Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do día do libro.

O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. Nos diferentes países do mundo fanse celebracións para conmemorar esta data. En Cataluña, coincidindo coa festividade de San Jordi é tradicional que as persoas queridas se regalen un libro e unha rosa.


Este ano o Ministerio de Cultura entregou o Premio Cervantes (o máximo galardón das letras hispánicas) á escritora Ana María Matute como recoñecemento á súa traxectoria. A entrega deste galardón foi o acto central do Día do Libro.

21 abr 2011

ABRIL, MES DOS LIBROS: CAMPAÑA CONTARTE 2011

Un ano máis e por terceira ocasión o noso alumnado participou na campaña CONTARTE 2011, promovida polo departamento de Educación do Concello de Vigo en colaboración coa editorial OQO, nunha proposta que mezcla a arte e a literatura infantil neste mes de abril, mes dos libros. Realizáronse talleres nos que participou todo o alumnado de primaria, dende 1º a 6º. As propostas partiron de dous libros que aproveitamos para recomendarvos se non os coñecedes.

O primeiro deles é A CAIXA DOS RECORDOS de Anna Castagnoli e a ilustradora de Isabelle Arsenault un sinxelo relato que percorre a infancia e o mundo dos afectos a través dos recordos que garda a protagonista nunha pequena caixiña cunha estrela na tapa.


O segundo A CAIXA DE CARTÓN de Txabi Arnal e o ilustrador iraniano Hassan Amekan, un drama da inmigración contado en 1ª persoa a través dunha nena pequena, tristura, melancolía, dureza, crueldade...pero tamén un relato de solidaridade nun mundo no que as veces
renunciamos a ver.
A continuación podedes ver o resultado das propostas e os obradoiros:




NEIRA VILAS PECHA OS ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA 2011



O pasado venres 8 de abril dímonos cita en Santiago a totalidade dos responsables das Bibliotecas Escolares dos Centros integrados dentro do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES (PLAMBE). Os centros integrados neste curso 2010-11 asistiron as xornadas dende o xoves 7 de abril. Un total de 374 centros na nosa comunidade intercambiando experiencias e sobre todo aprendendo e ilusionándonos e cargando pilas co traballo dos demáis.
Pola mañá Teresa Mañá e Mónica Baró faláronnos de avaliación: "Avaliar para avanzar, prácticas de autoavaliación na Biblioteca escolar", posteriormente presentación de talleres e experiencias que se están a facer noutros centros, xuntanzas por zonas, xantar e café compartidos... O broche final da xornada puxoo o escritor XOSÉ NEIRA VILAS, autor do libro Memorias dun neno labrego que cumple este ano o 50 aniversario da súa publicación. Foi unha emotiva intervención na que o autor fixo un percorrido pola súa vida: dende o seu descubrimento da escrita, dos libros agochados baixo as tellas.... da emigración a Arxentina "para poder mercar máis libros", da súa labor en Cuba xunto coa súa inseparable compañeira Anisia Miranda en prol da literatura infantil e xuvenil... Graciñas dende a Biblioteca da Meigatintureira as asesoras de Bibliotecas Escolares, Cristina e Pilar polo seu traballo e ben facer. Todo un luxo que non esqueceremos poder compartir eses momentos con Xosé Neira Vilas.
Se queredes saber máis sobre os encontros, ver as conferencias... podedes clicar AQUÍ, entrando como convidados.


Podédelo ver neste vídeo resumo publicado no blog da asesoría de Bibliotecas Escolares de Santiago:



13 abr 2011

CAILLOU BIBLIOTECARIO

Caillou vai visitar a Biblioteca coa súa nai e a súa irmá Rossi a escoitar un contacontos. Logo pensan levar libros en préstamo para casa posto que xa ten o carnet da Biblioteca igual que todos vos.
Se queres ver o que lle acontece...:

3 abr 2011

XORNADAS EN SANTIAGO PARA OS CENTROS DO PLAMBE

O vindeiro xoves 7 e venres 8 do abril reunirémonos en Santiago no Pazo de Congresos os reresentantes dos centros integrados actualmente no Plan de Mellora de Bibliotecas Eescolares, un programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, iniciado en 2005, e que inclúe neste curso un total de 374 centros públicos de distintos niveis educativos. O noso centro está inmerso neste programa dede o curso 2007-08.

Será ocasión para profundizar no modelo da biblioteca escolar que se está a estender, como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Incidirase nos instrumentos que Internet pon a disposición das bibliotecas para o exercicio das súas funcións e facilitar a formación da competencia informacional do alumnado, e falarase de lectura e de poesía: cine e banda deseñanda centrarán as experiencias dos centros, que se presentarán en mesas simultáneas. Tamén será oportunidade para o encontro entre os membros dun colectivo que están a facer realidade as pequenas utopías que son todas e cada unha das bibliotecas escolares galegas. ALÁ ESTAREMOS!!!.

DIA DO LIBRO INFANTIL



“Cuando Arno llegó a la escuela con su padre, las clases ya habían comenzado”....

Así comeza o manifesto que a escritora AINO PERVIK, nacida en Estonia, escribiu para a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL O 2 DE ABRIL de
2011
(aniversario do nacemento de Hans Cristian Andersen)
. O cartel é do ilustrador
Jüri
e Mildeberg. Se queredes continuar lendo o manifesto e averiguar máis datos acerca desta data pinchade no enlace:


O Parruliño feo é un dos contos máis populares de Andersen, podes velo a continuación nunha curtametraxe da factoría Disney:

2 abr 2011

PRIMAVERA POÉTICA.


Para unir o DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA e a chegada da Primaveira decidimos facer un RECITAL POÉTICO no que participou o alumnado de E. Infantil, primeiro, terceiro e quinto. Fixemos tres sesión de recitado para que todo o alumnado do centro poidera asistir, resultou un pouco esgotador para os grupos recitantes, pero pagou a pena o esforzo. Dende aquí graciñas a todos por colaborar e as mestras que colaboraron co seu alumnado. Despois do recitado levaron para as clases un ramo cunha flor de papel cos poemas en cadan seu pétalo de cores.
A continuación podedes ver os poemas que recitou o alumnado nun pequeno libriño recopilatorio:

E os participantes:


REUNIÓN BIBLIOTECAS

O pasado 24 de marzo reunímonos na Bibloteca do Chouzo as/os coordenadoras/s de Bibliotecas escolares de varios centros de Vigo e alrededores. Unha acollida inmellorable, e dende o Blog da Meigatintureira noraboa por esa recén reformada Biblioteca!!. Todo un luxo!!