30 abr 2025

UNHA PRIMAVEIRA IMPRESIONANTE....

         Os maiores de ed. Infantil prepararon un audiovisual en resposta á proposta da Meigatintureira e investigaron sobre o IMPRESIONISMO. Vede cantas cousas aprenderon e os maravillosos cadros que pintaron:

 

26 abr 2025

AGASALLOS PARA AS AULAS NO DÍA DO LIBRO!!!

Un fermoso día na nosa Escola! Chegamos pola mañán e había enriba das mesas do profesorado un estrano paquete cunha notiña que dicía:

"ESPERAMOS QUE DESFRUTEDES DESTE AGASALLO, SAÚDOS DA MEIGATINTUREIRA "

                          E tanto que o fixemos! mirade as nosas caras!


21 abr 2025

RIO DE XANEIRO: CAPITAL MUNDIAL DO LIBRO NESTE 2025

 Cada ano a UNESCO nomea unha cidade do mundo como capital mundial do libro e neste 2025 a elexida é Rio de Xaneiro en Brasil.

A Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, comenta no discurso inaugural:

Los libros son herramientas vitales para acceder, transmitir y promover la educación, la ciencia, la cultura y la información en todo el mundo. Los libros nos informan, nos entretienen y nos permiten comprender mejor nuestro mundo. Por esta razón, la UNESCO designa cada año una Capital Mundial del Libro....

Queres saber que cidade vai ter o honor para o vindeiro ano? Aquí vos deixo o seu nome orixinal. Clica nel e saberalo.

الرباط


10 abr 2025

MIRADE QUE RECANTO !!!

    A Meigatintureira agasállanos nesta primavera con este recanto para ir pintar nos necreos, mirade que bonito!!!Temos a inmensa sorte de ter unha Biblioteca cunha luz espectacular e na que a natureza entra polas fiestras.

Soamente lembrade as normas e a desfrutar! 

8 abr 2025

PINTA A PRIMAVERA

Nos recunchos que temos montados na Biblioteca tedes moita información sobre pintores e pintoras, técnicas diversas e todo o relacionado co mundo da cor. Podes PINTAR A PRIMAVERA na túa casa ou no colexio. Podes facelo nestas vacacións de Semana Santa ou ao longo destas semanas na Biblioteca no recuncho que habilitamos para elo.

 
 Segue as instruccións e as normas do recuncho cando veñas á Biblio: 

 
PINTA e DESFRUTA!!!! ESPERÁMOSTE!!!

21 mar 2025

AS MULLERES PINTAN MOITO...

 Aquí tedes o resultado, un fermosos mural con mulleres de tódolos tempos que foron ignoradas polo feito de selo ou incluso con identidades suplantadas por outras persoas e pola propia sociedade na que vivían e na que PINTARON MOITO, NON...MOITÍSIMO: Unha moi boa oportunidade para aprender e formarse.


12 mar 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA: 8 DE MARZO

Unha data moi importante a celebrar e sobre a que traballar, e que segue sendo unha constante nas sinaladas da nosa escola é o 8 de marzo.

 


10 mar 2025

NOVIDADES, NOVIDADES DE PRIMAVERA!

 Esperámosvos, chegaron novidades de todo tipo á nosa Biblioteca. Vinde e botade un ollo!!! Non volo perdades!!


3 mar 2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Baixo a proposta do Equipo de Normalización lingúitica, do Comedor Escolar e da Biblioteca todo o alumnado do Centro se sumou á celebración da homenaxe a Rosalía de Castro.

    Aprendemos o poema MIÑA CASIÑA, MEU LAR (aquí vos deixamos unha proposta do ceip de Seixalbo) do seu libro Follas Novas....onde se orixinou a idea do famoso CALDO DE GLORIA que é seguido na nosa Terra por moitas cociñeiras e cociñeiros como reivindicación da nósa cultura culinaria, houbo recitado colectivo, biografía e claro está un riquísimo caldiño á hora de comer!!!!!

Aquí vos deixamos algúns enlaces para seguir coñecendo e amando á nosa escritora: 

PARA XOGAR NA AULA OU NA CASA:

Xogamos con Rosalía

Descubrindo a Rosalía

Canto sabes de Rosalía?

Quiz Rosalía

Coñecemos a Rosalía

PARA LER E ESCOITAR:

Poemas de Rosalía

Versos de Rosalía

Adiós ríos, adiós fontes con Astarot

Negra sombra

Adiós ríos, adiós fontes (con pictogramas))

Has de cantar

Rosalía pequeniña

PARA APRENDER MÁIS :

Casa museo Rosalía

 

16 feb 2025

POR SAN VALENTÍN VEN E PARTICIPA...

A Biblioteca escolar debe presentar ao alumnado propostas creativas que permitan medrar arredor do proceso da lectoescritura, e aquí están os maiores do cole traballando sobre esta proposta para o San Valentín que une a Pintura e o amor pola escritura: A ARTE DE NAMORARTE.

Xa vos iremos informando dos resultados!  

13 feb 2025

A ARTE DE NAMORARTE

 Seguro que estes días xa os viches....e sentiches curiosidade ao velos. 

Na entrada da Biblioteca atoparás unhas reproduccións de cadros famosos pertencentes a diversos estilos pictóricos e épocas representando escenas máis ou menos románticas. Serías quen de contarnos a historia que se agocha tras deles? Ben seguro que sí! Ánimo! 

19 dic 2024

OUTRO ANO MÁIS CHEGOU O NADAL!

Un Nadal cargado se soños, de momentos de ledicia, de descanso, ... de lembranzas, de familia... de momentos de compartir pero sobre todo de ESTAR COS OUTROS PARA COMPARTIR TEMPOS E BOAS LECTURAS!.

Aquí vos deixamos as propostas lectoras do noso Equipo de Biblioteca divididas en dúas partes: un monográfico adicado á PINTURA, tema deste ano e outro adicado ao NADAL, para que pasedes en torno a elas uns tempos de lecer inesquecibles, clica na portada: