16 feb 2025

POR SAN VALENTÍN VEN E PARTICIPA...

A Biblioteca escolar debe presentar ao alumnado propostas creativas que permitan medrar arredor do proceso da lectoescritura, e aquí están os maiores do cole traballando sobre esta proposta para o San Valentín que une a Pintura e o amor pola escritura: A ARTE DE NAMORARTE.

Xa vos iremos informando dos resultados!  

13 feb 2025

A ARTE DE NAMORARTE

 Seguro que estes días xa os viches....e sentiches curiosidade ao velos. 

Na entrada da Biblioteca atoparás unhas reproduccións de cadros famosos pertencentes a diversos estilos pictóricos e épocas representando escenas máis ou menos románticas. Serías quen de contarnos a historia que se agocha tras deles? Ben seguro que sí! Ánimo! 

19 dic 2024

OUTRO ANO MÁIS CHEGOU O NADAL!

Un Nadal cargado se soños, de momentos de ledicia, de descanso, ... de lembranzas, de familia... de momentos de compartir pero sobre todo de ESTAR COS OUTROS PARA COMPARTIR TEMPOS E BOAS LECTURAS!.

Aquí vos deixamos as propostas lectoras do noso Equipo de Biblioteca divididas en dúas partes: un monográfico adicado á PINTURA, tema deste ano e outro adicado ao NADAL, para que pasedes en torno a elas uns tempos de lecer inesquecibles, clica na portada: 



17 dic 2024

CARTA DA MEIGATINTUREIRA para Papá Noel, os Reis, o Apalpador.....

 Por aquí tamén vos deixamos a carta da Meigatintureira aos seres máxicos do Nadal. Comeza así...

    Queridos todos (Papá Noel, Reis, Apalpador ou quen teña á ben recibir esta carta): Neste tempo de Nadal xa sei que andaredes moi ocupados pero gustaríame facervos unha petición. Para seguir alimentando os valores e a ilusión da nosa rapazada gustaríame pedirvos que este ano nas súas casas deixarades os seguintes libros....

    Clica no sobre para podela ler enteira:




13 dic 2024

MÉRCORES DE CONTO

 As profes Vicky e Elena serán as protagonistas das historias que vos esperan nos recreos da Biblioteca este Nadal.

ESPERÁMOSVOS!!!


9 dic 2024

NOVO RECUNCHO DE NADAL


Aproveita estes días para ver todo o que a Meigatintureira ten preparado para todos vos: unha chea de materiais co denominador común deste tempo que imos comenzar:
O NADAL.

2 dic 2024

Santa quere feliciARTE

Unha fantástica proposta que combina arte e fantasía que o alumnado de 5º oferta a todos os seus compañeiros! Combina cadros famosos de diferentes etapas artísticas versionados coa imaxen de Papá Noel. 

 Podédela facer individualmente, por parellas, tríos....por clases! como mellor vos vaia! e logo de cubrila ... ao buzón! 


28 oct 2024

INAUGURASE A BIBLIOTECA!!!!!

Primeiro a esperada CARTA DA MEIGATINTUREIRA!!!!! para vela en FORMATO PELÍCULA podedes clicar enriba do deseño da Meiga de cores.

                                           

A continuación podedes ver unha presentación cunha pequeniña mostra das propostas levadas a cabo durante os días da inauguración cos diferentes cursos.

Inauguración curso 24-25 

23 oct 2024

UN PAR DE DÍAS MOI ESPECIAIS!

 E chegou o momento esperado, a carta da Meigatintureira chegou ás aulas e cun formato moi especial, nunha paleta e pinceis como sinal de todas as propostas que nos agardan neste curso... Clica sobre a paleta para poder ler a carta.


21 oct 2024

XA QUEDA UN POUQUIÑO DE NADA!

 Déixovos aquí o horario da INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA, nesta semana poderedes pasar todos os cursos para ver as sorpresas que a MeigaTintureira nos ten preparadas para este curso que comenzamos.

10 oct 2024

UN ANO MÁIS COMEZAMOS!

   Ola unha vez máis nenas e nenos!.  Xa sabedes que aproveito os veráns, cando vós non estades no colexio, para viaxar polo mundo adiante.  

    Tamén teño feita algunha viaxe submarina e unha interplanetaria., mesmo algunha viaxe polo tempo...

    A viaxe deste ano ten moito que ver tamén co tempo, eu quería viaxar este ano para coñecer a eses grandes homes e mulleres que plasmaron a súa forma de ver o mundo a través da PINTURA, unha forma de expresión artística que dende logo nos fai a vida moito máis agradábel. 

Estade moi atentos estes días que estamos a punto de abrir a Biblioteca!

Preparándonos para unha nova visita!