13 feb 2023
1 feb 2023
RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: "NON SOMOS LIXO" E COMO NÓS, TAMÉN RECICLAMOS.
Botella, que soñaba con ser outra cousa, pasaba as horas agardando que algo emocionante lle pasara...
E isto foi o que lles pasou aos vasiños dos nosos iogures ecolóxicos de XANCEDA. Non hai nada máis emocionante que ter unha segunda vida mellor, como envase da nosa versión de tarta da voa, e acabar na festa de aniversarios do CEIP A PAZ!!!
Menuda a que montamos! E ademais dos aniversarios de unha chea de nenos que cumpriron en xaneiro, esta vez, tamén se animaron a celebralo con nós, As Profes Patri, Eva e Elena Pena, o coidador Alex e Vera. Parabéns a todos!!!.
Unha moi boa recomendación lectora, para seguir coidando do noso planeta e avanzando co proxecto "Érase unha vez... a historia de ler"
27 ene 2023
RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: ¿ "PAN DE NUBE" OU CHORIPAN ?
O pan do martes pasado, nin apareceu nunha pola, nin está feito de nube. Porque o noso pan está elaborado no cole, con moito cariño, fariña de trigo Caaveiro (autóctono gallego), auga, levadura e...chourizo!!!
Dí este conto que, cando comes un pan de nube, corres o risco de voar. Pois no comedor do CEIP A Paz Tintureira, os que voaron foron... os Choripáns!!!
Outra recomendación lectora para o noso proxecto "Érase unha... vez a historia de ler".
20 ene 2023
RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: RESOLVENDO UN CASO CON... "PERROCKHOLMES, DOS DETECTIVES Y MEDIO"
Menudo problemón! Non vos imaxinades o disgusto que ten a nosa pequena Xulia de infantil, porque o peixe que leva o seu nome, desapareceu da porta da cociña.
Rumoréase entre os rapaces, que un ladrón entrou pola noite. O misterio chamou á nosa porta, temos que chamar a Perrock, Perrock Holmes...
Pedimos colaboración para atopar este peixiño. Ofrécese recompesa!!!
E así, a cociñeira Libia lévanos a libros de detectives que nos poden axudar a resolver o problema e contentar a Xulia. E tamén, a seguir co proxecto da blibio "érase unha ver...a historia de ler".
O caso rematou como era de esperar, e Xulia xa está contenta porque o peixiño xa está con nós.
19 ene 2023
RECEITAS LITERARIAS COA COCIÑEIRA LIBIA: ANACLETO Y LA CROQUETA
Anacleto é un neno ó que lle encantan as croquetas, un neno igualiño os do noso comedor. Soamente co ben que cheira no cole, a todos nos medran os dentes e nos ruxen as tripas, ata que chega a moi esperada hora de comer.
É que as nosas croquetas son riquísimas porque son CROKETAS D´que están elaboradas en Casto de Rei. E son tan especiais, proque están elaboradas con ingredientes galegos, sen conservantes, nin colorantes.
Por iso, hai uns días agardabamos que non rematara o día en pesadelo coma o de Anacleto... E rematou como tiña que rematar... ¿podo repetir croquetas?
Outra historia culinaria coa que dende a nosa cociña, seguen a colaborar co proxecto de centro "Érase unha vez... a historia de ler"
22 dic 2022
OBRADOIRO DE TARXETAS SOLIDARIAS PARA OS NENOS E NENAS DA AULA HOSPITALARIA DO ÁLVARO CUNQUEIRO E PARA OS MAIORES DO CENTRO RESIDENCIAL CORUXO.
O alumnado de infantil, 1º, 2º e 4º de primaria participou neste obradoiro de tarxetas solidarias, que este Nadal, querían levar un chisquiño de alegría a outras realidades que están preto de nós.
Falamos dos nenos e nenas que están a vivir no Hospital Álvaro Cunqueiro onde tamén hai un cole. Coñecemos que moitos, pola súa enfermidade, van pasar alí este Nadal e non poderán estar nas festas do seu cole cos amigos e amigas que teñen alí. Tampouco poderán compartir con toda a súa familia, nin ver o ambiente navideño da cidade e todas as actividades que temos nestes días.
Tamén, falamos dos maiores que están no Residencial de Coruxo, e polas novas que escoitamos nestes días nos medios de comunicación, soubemos que algúns reciben poucas visitas e outros ningunha porque non teñen familia, ou está moi lonxe.
Por iso, traballando en equipo para facer un agasallo en común, creamos unhas tarxetas que decidimos que ían ser de árbores, porque nos gustaban a todos e todas. Feitas as tarxetas, inventamos uns pareados cargados de agarimo e bos desexos para os nosos novos amigos e amigas. E para rematar as escribimos e decoramos.
Tamén engadimos ao agasallo uns anxeliños que fixo a ANPA para vender no mercadillo navideño, para que rematasen a decoración das árbores da aula hospitalaria e do centro residencial. Pensamos que tendoos na súa árbore, o mellor conseguiríamos prolongar o efecto que queremos que tivera esta mensaxe agarimosa, un chiquiño máis.
Logo fixémos chegar todo nuns paquetes... e xa sabemos que cumpriron o seu cometido.
Dende o Centro Residencial Coruxo recibimos unha emotiva chamada telefónica onde nos deron as grazas infinitas, nos felicitaron polas tarxetas tan bonitas e as palabras doces dos nosos pareados, e escoitamos aos maiores e aos seus coidadores gritando o nome do noso cole: "Tintureira, Tintureira, Tintureira..."
Dende a Aula Hospitalaria do Álvaro Cunqueiro, remitíronnos ao seu blog e facebook, onde nos deixaron o seu inmenso agradecemento en forma de conto, publicaron fotos dos nenos e nenas adornando a árbore cos nosos anxeliños e ensinaron as nosas tarxetas que lles encantaron. As súas familias quixeron lelas todas e tiveron que facer unha exposición. Aquí vos deixamos as enlaces para que o vexades:
https://aulahospitalariavigo.blogspot.com/?m=1
Seguiremos argallando actividades para seguir compartindo o noso agarimo eles.
CONTINUARÁ....

















































