9 may 2022

CONTO CON OBRADOIRO: "LA TORTUGA POCO A POCO" DE FRANCESC ROVIRA E DAVID PALOMA

 Nestas sesiónS de Atención educativa, reflexionamos e falamos sobre a importancia de facer as cousas pensando no que facemos,  despacio e sabendo esperar. Traballando o esforzo e tendo paciencia. E tamén, nas consecuencias que podemos vivir segundo nós fagamos o que teñamos que facer. Podemos gozar e pasalo moi ben,  ou non tan ben e sufrir un pouquiño. 

Obradoiro co alumnado de 3 anos.







Obradoiro co alumnado de 5 anos.



POESÍAS E DEBATE, CON OBRADOIRO: NA PRIMAVERA ¿HAI UNHA FADA?, ¿É UN FADO?, ¿HABERÁ FADAS E FADOS?

 Nestas sesións co alumnado debatemos sobre estas cuestións, porque ninguén víu nunca aunha fada da primavera, nin a un fado da primavera. E o mundo é tan grande que o mellor hai moitos... Por iso, cada quen fixo o que desexaba, unha fada ou un fado. 

Obradoiro co alumnado de 4 anos.








Obradoiro co alumnado de 5 anos.







CONTO CON OBRADOIRO: A VIAXE DAS BOLBORETAS DE PAULA CARBONEL Y CHENÉ GÓMEZ

Nesta sesión co alumnado de 4 anos, este conto axudóunos a falar da importacia da axuda dos demais e de ser agradecidos polo que fan por nós. 






22 abr 2022

VISITAMOS A SALA ÁRTIKA PARA VER A OBRA DE TEATRO DA "XANELA DE MAXÍN": A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

 Este espectáculo foi estreado no Teatro Escena de Compostela o 18 de marzo do 2019 e dende entón non parou de xirar por Galicia, enchendo teatros e abraiando a nenas e maiores. Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas.  Fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e nenos gozaron, con esta historia, cunha visión dun tema tan natural como a vida mesma, onde apareceron valores como a valentía, o respecto ou a cooperación.


A ANPA PATROCINOU TRES SESIÓNS DO ESPECTÁCULO "CONTOS NA LAREIRA" DE IVÁN DAVILA, PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.

 Este espectáculo foi proposto e patrocinado pola nos ANPA, para todo o alumnado do centro. Da man de Iván Davila,  gozamos con historias tradicionais do medio rural que tiñan como protagonistas a meigas, mouras, a santa compaña, etc. Ensinándonos a coidar e  respectar a natureza, a implicarnos na reciclaxe, a empregar unha boa comunicación para a resolución de conflitos, e a valorar e fomentar a nosa lingua.



7 abr 2022

CONTO CON OBRADOIROS: "EL VIAJE DE LAS MARIPOSAS"

Nestas sesións de biblioteca e atención educativa co alumnado de 5 anos, creamos bolboretas e falamos da sorte de compartir o que temos ou sabemos facer. De que ás veces pedimos axuda e outras, nola piden.






Tamén, imaxinamos como sería a nosa vida sendo unha bolboreta, que cousas nos gustaría ou poderíamos facer.

E para rematar, pensamos e compartimos que, si fósemos bolboretas e puidéramos regalar as nosas ás... ¿a quen o fariamos? e ¿por que?: a unha cama para ter soños voando; a unha casa para viaxar por todo o mundo e non necesitar facer maleta; a un avó que está malito para puidera voar e sentirse mellor, a un irmán porque o queremos moito, a unha mosca para que teña ás máis grandes e poida chegar máis lonxe, a un amigo meu que sempre me fai coxegas para que me ría... Dixeron cousas moi bonitas e interesantes! 





31 mar 2022

CONTOS DO CALDEIRO: "A CADEIRA DIMINUTA"

Esta actividade da biblioteca, parte dun caldeiro máxico que nos deixou a nosa Meiga Tintureira. Un caldeiro para poñer a funcionar á nosa imaxinación e creatividade para inventar historias e xogar con eles. 

Dentro hai obxectos que ella nos deixa uns días, nos que tentamos adiviñar de onde os sacou, de quen serán, para que os terá ela, etc.

Nesta ocasión inventamos historias de cadeiras e mirade o ben que o pasamos, xogando con elas.