9 ene 2021

DESDE FINALES DEL 2020, A ONCE PUXO A DISPOSICIÓN DE TODAS AS PERSOAS CIEGAS DO MUNDO, A SÚA BIBLIOTECA DIXITAL.

España, representada pola ONCE, con esta iniciativa convertíuse no primeiro país europeo que materializou o Tratado de Marrakech e comparte o seu fondo bibliográfico adaptado e accesible a todas as persoas ciegas ou con deficiencia visual de todo o mundo.

Para ter toda a información clicade neste enlace:

https://www.once.es/noticias/la-once-abre-sus-60-000-libros-digitales-a-todos-los-ciegos-del-mundo

17 dic 2020

AS ALUMNAS E ALUMNOS DE 3º DE PRIMARIA, DANNOS UNHA SORPRESA, PREPARANDO UN RECUNCHO DE NADAL DIFERENTE.






LECTURAS PARA SOÑAR...

     Este ano a Meiga Tintureira, quere ensinarvos as guías de lectura elaboradas pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.

Este ano o seu lema é: "Move o corazón da túa vila, visita a túa libraría". E queremos que vos anime, a mercar libros nas librarías da nosa cidade e apoiar o comercio local. Agora o necesitan, máis que nunca.

 Estas guías, están cheas de novidades e reedicións de lectura e música en lingua galega, e daranvos moitas ideas para os agasallos de Nadal. 

Dende a Meiga Tintureira, grazas mestres e mestras por compartir o voso labor.




RECOMENDAMOS... CUENTOS DE FORMAS DE SUSANA IZQUIERDO GIL.

RECOMENDAMOS... CIENTÍFICAMENTE, UNHA COLECIÓN PARA MENTES CURIOSAS!!!