Aquí vos deixamos unha chea de posibilidades de lectura para todas as idades. E se sodes grandes lectores e non é suficiente... Atoparedes moitas máis nas bibliotecas e librerías da nosa cidade, ou dos lugares onde pasedes as vacacións.
Sexa como sexa, a Meiga Tintureira vos desexa un feliz verano, e vos pide que non vos perdades a experiencia de vivir aventuras coa lectura.
Anímate a comprar ou buscar un libro,
seguindo algún dos nosos retos e goza da experiencia de decidir unha nova
aventura, cambiando a maneira de tomar decisións. Este verano vive unha dobre
aventura coa lectura.
Como cada ano, no noso cole celebróuse o concurso literario de inverno. E polas circunstancias especiais deste ano, todos e todas as participantes, son gañadoras e terán o seu agasallo. Clicade nesta dirección para ler as súas xeniais historias. NORABOA!!!
O obxectivo desta colección de lecturas, é ensinar as vivencias de nenos e nenas con outras capacidades, a través das súas divertidas aventuras.
PINCHA no enlace que tes aquí debaixo, e irás á páxina da ONCE, onde estarán todos os libros que poderás ver se clicas enriba deles.
Os chicos e chicas de 3º de Educación Primaria son uns artístas e así deron vida a moitas palabras fermosas que temos en galego. aquí vos deixamos un aperitivo, son XENIAIS!!!
Con esta actividade
que titulamos “Acabarán co… coronavirus” quixemos facer un pouco de terapia cos
nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria. Unha boa maneira de
loitar contra o medo e debuxalo. Quixemos darlles un motivo para pensar, sentir
e incluso debuxar o medo que lles rodea. Pero tamén, para facer arte curativo,
imaxinando un personaxe que vai acabar con este virus, con este medo que tanto
cambiou as súas vidas, o entorno e o mundo no que vivimos. Aquí están estes
personaxes horribles fisicamente, pero bos para eles, porque loitan contra o
virus. Eses personaxes que xa existen grazas a súa imaxinación.