24 ene 2020

Así está quedando o noso recuncho para conmemorar "O DÍA DA PAZ".

O 30 de xaneiro, conmemórase nos centros educativos "O día da PAZ", para promover a cultura da non violencia, da tolerancia, a concordia, o respecto aos dereitos de todas as persoas. Na nosa biblioteca, estamos a encher un recuncho, con recursos para traballar estes aspectos tan importantes para unha convivencia positiva, pacífica, solidaria e inclusiva. 










En marcha as nosas mochilas viaxeiras!!!

Xa están rulando as mochilas viaxeiras. Este ano, puxemos en marcha dous por aula en primaria, e unha para aula de infantil. Levan libros de lectura para gozar e aprender grandes e pequenos, de poesía, cociña, comics, películas e moito máis. Pasarán con nos e a nosa familia unha estupenda semana na casa, cargada de aventuras, apredizaxe e experiencias.
Coidadea moito, non vos esquezades que é un recurso para compartir todos e todas.
Aquí vos deixamos unha mostra de fotos do que levan algunhas mochilas dentro, para que vos fagades unha idea. A divertirse!!!








5 dic 2019

O Nadal chegou á nosa biblioteca!!!

Así de cheo está o noso recunchiño de Nadal. Nel podedes atopar unha morea de contos, libros de aventuras, de decoración, de receitas, etc. Vinde a gozar cos  personaxes, historias e posibilidades destas datas tan máxicas!!!.





25 nov 2019

Entramos na semana da Igualdade!!!

Estes días aproveitando a data "Contra a violencia de xénero", abrimos na nosa biblio un recuncho, pequeno pero moi importante e necesario. Este espazo que chamamos "Somos iguais" queremos que sirva para acercar ao noso alumnado a historias de loita, sobre todo de mulleres, por acadar os mismos dereitos para todos e todas. Porque queda moito camiño por percorrer, e o noso alumnado ten que crecer sabendo que todos e todas temos as mesmas libertades e dereitos. Todos e TODAS!!!