Como se dun poema se tratase:
UN ANO MÁIS
CHEGA O VERÁN
E CON EL, NOVAS AVENTURAS
ACONTECERÁN.....
E coma sempre deixámosvos a nosa guía de lecturas, que esperamos vos acompañe durante este tempo de lecer que se inicia dentro de moi pouquiño!
Vémonos á volta: FELICES VACACIÓNS... !
21 jun 2017
18 jun 2017
RECHOUCHÍO Nº 15
Un ano máis, un novo número da revista do cole: O RECHOUCHÍO que xa vai pola súa 15ª edición que se dí ben rápido!!! DUSFRUTÁDEA!!
23 mar 2017
Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2017
encantados coa posía!!!
22 mar 2017
Día Mundial da Poesía
os nenos de primeiro curso amosan o seu poema e expresión plástica aos maiores!! encantados coa poesía!!!
9 mar 2017
HOMENAXE Á ROSALÍA
Un Mannequin Challenge como homenaxe do alumado de 5º e 6º á nosa Rosalía de Castro no día da muller Traballadora coa música da viguesa Aid recitando o poema " A xustiza pola man " , poema pertencente á súa obra "Follas Novas " de 1880.
22 feb 2017
PREPARANDO A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA
Coñecedes este personaxe? Ben seguro que sí! Pensade un anaquiño.............
Rosalía de Castro! quen se non? O ilustrador galego Aarón Fernández Martínez cedeunos para conmemorar o día de Rosalía estas imáxenes para traballar con elas baixo a licencia de Creative Commons.
Coa primeira delas podes imprimir a túa propia Rosalía, coloreala e poñerlle os atavíos que queiras.
Coa imaxe dobre podes facer incluso un colgante para a túa habitación ou se o reduces unha piruleta para o teu lápis, deixa voar a túa imaxinación.16 feb 2017
A RATIÑA PRESUMIDA
Unha pequeniña e modesta adaptación deste clásico foi o agasallo do alumnado de 4º A aos pequechos da Escola infantil Lúa, que cada ano visitan a nosa escola nunha xornada de convivencia co noso alumnado de infantil.
BENVIDOS, UN ANO MÁIS!!!!!
Labels:
A Ratiña Presumida,
Escola Infantil Lúa.
22 dic 2016
CHEGA O NADAL, AS VACACIÓNS E O TEMPO DE LER......
E para elo, para aproveitar todo o máis que poidades o voso tempo de lecer, aquí vos deixamos unha pequena mostra de cousiñas para estes tempos fríos.... tamén para agasallar, algo tan propio deste tempo.
Labels:
Guía de lectura Nadal 2016,
Lecer.,
Nadal
8 dic 2016
A NOSA EXPOSICIÓN DE NADAL
Aproveita estes días para ver todo o que a Meigatintureira ten preparado para todos vos: unha chea de materiais co denominador común deste tempo que imos comenzar: O NADAL
17 nov 2016
A CASA ENMEIGADA
Atréveste a ler este conto...... ? Os rapaces e rapazas de 2º fixérono e agasalláronnos cos seus debuxos de cómo eles imaxinaban a CASA ENMEIGADA..... logo de participar nun taller de ilustración.
Labels:
A casa enmeigada,
ilustracións,
Samaín.
2 nov 2016
CONTOS DE MEDO.... ESTE ANO TERRORÍFICOS
UFFFFFFFF!!!!! Menos mal que estabades preparados para a sorpresa que vos tiñan preparados este ano os compañeiros e compañeiras de 6º curso. Xa víchedes como foron polas clases caracterizados (non vos amedrentáchedes moito, bueno... algún sí...) e menudas historias que vos contaron.......
31 oct 2016
SÍNTOME BEN CANDO....
Os nenos e nenas de 2º realizaron un taller partindo da pregunta: Cando te sintes a gusto, cando te sintes ben? Mirade que respostas máis sinxelas e fermosas:
Labels:
inauguración 16-17,
Sentimentos,
Talleres 2º
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


