15 jun 2015

CHEGA O VERÁN....

E con él unhas máis que merecidas vacacións, pero antes de despedirnos non esquezades as recomendacións da Meigatintureira para pasar un verán de ALU*CINE á beira do mar, na montaña ou onde queirades:

14 jun 2015

PARABÉNS A ESTE NOVO EXEMPLAR DA NOSA REVISTA "O RECHOUCHÍO"

Un ano máis aquí temos un novo exemplar da nosa revista escolar, o nº XIII, xa comeza a ser unha longa andadura... Este ano, en formato de cine, cada curso traballando coa edición de imaxe fixo a súa proposta, disfrutádea pinchando na fotografía:


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipapaz/?q=node/429

1 jun 2015

FESTIVAL CANS-TINTUREIRA: CINEFÓRUM EN GALEGO

    

    En colaboración có Equipo de Dinamización Lingüística fixéronse varios Cinefórums programados para os diferentes niveis, nos que se analizaron varias películas: A tartaruga que quería durmir, Detective Conan, Asterix e Cleopatra e O Bosque animado.
       Pinchade no nome das películas e poderedes velas a través do enlace.
        Aquí vos deixamos tamén as fichas para traballar na aula:
 

25 may 2015

COLABORANDO CON OUTROS CENTROS: CPI DE MONDARIZ

       Fai catro cursos xa nos prestaran unha exposición sobre o CÓMIC que preparara o alumnado de 1º de ESO de dito centro para a asignatura de Proxecto Interdisciplinar e que completaramos con traballo feito no noso centro referente ao mesmo tema. Este  curso traballamos co personaxe de MAFALDA e o seu mundo no seu 50º aniversario. O alumnado de 1º da ESO preparou un pequeno montaxe sobre Mafalda e os seus personaxes, material que aproveitamos para facer a exposición e programar unhas tarefas para traballar co alumnado nas derradeiras sesións de Biblioteca investigando en diferentes medios e soportes ao mesmo tempo que traballando de xeito colaborativo. 



Clicando nas imaxes pódese acceder aos caderniños:

http://issuu.com/inesmartinez/docs/caza_tesoro_mafalda_1___e_2__/1 Caderniño para 1º e 2º

http://issuu.com/inesmartinez/docs/infantil_mafalda/1http://issuu.com/inesmartinez/docs/mafalda_4____5___e_6__/1
  
Caderniño Infantil         






                          Caderniño 3º, 4º, 5 e 6º.


24 may 2015

I CONCURSO DE REDACCIÓN E DEBUXO DO CEIP A PAZ

Estreamos concurso de redacción e debuxo este curso promovido pola ANPA baixo un título moi orixinal e motivador:

" O CABALEIRO QUE PERDEU O SEU NOME "

 Participou o alumnado do centro dos diferentes niveis, con diferentes propostas:
  • Poñerlle nome ao Cabaleiro,
  • Debuxalo e 
  • Inventar unha historia na que él fose o protagonista. 




 QUE VIVA VALENTÍN,  O NOSO CABALEIRO!!!!! 

17 may 2015

IV MERCADIÑO SOLIDARIO DE LIBROS USADOS

   Outra edición máis, imos camiñando paseniñamente  nunha actividade que reune á todos os membros da nosa comunidade educativa, unha invitación especial para as familias. Dende este blog darvos a todos as grazas pola vosa colaboración: este ano, despois do intercambio cos consabidos Tintur€uros, a nosa moeda oficial, consegiuse recaudar 374 € para a ONG coa que colaboramos este curso, Save the Children

Grazas, Grazas, Grazas......



6 may 2015

VISITA Á BIBLIOTECA NODAL DE VIGO

O alumnado de 6º visitou a Biblioteca Nodal de Vigo situada no Casco Vello da nosa cidade. Dividíronse en grupos e colaborativamente tiveron que resolver as propostas das pistas a resolver baseadas no coñecemento da CDU (Clasificación Decimal Universal) coa que están clasificados os fondos das bibliotecas.

9 abr 2015

EU LEO, TI LES, EL LE.... DÍA DO LIBRO

Unha vez máis pedimos a vosa axuda para unha proposta na que poderán participar todos os membros da comunidade educativa: as familias, o alumnado, profesorado... Aquí vos  deixamos a proposta:

9 mar 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA


      Pouquiño a pouco, ano tras ano, tamén dende a Biblioteca Escolar contribuimos a crear conciencia sobre o significado desta data: 8 de marzo: Día da muller traballadora, é dicir de todas as mulleres.
    Este cartel baseado en dúas obras do artista Leandro Lamas é a nosa  peculiar homenaxe a esta data. Tamén o é o traballo dende dous libros ben coñecidos, xa clásicos, pero moi de actualidade da editorial Kalandraka que vos deixamos no blogue para que os lembredes cando queirades:
"Once damas atrevidas" adaptado por Oli e ilustrado por Helle Thomassen e "O libro dos porcos" de Anthony Browne




23 feb 2015

UNHA ANIMALADA DE PRIMEIRA!!! : EDUCACIÓN EN ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL(ALFIN)

O qué? pois ese é o título do traballo de investigación que realizou o alumnado de primeiro de primaria sobre os animais que máis lle gustaban ou lles parecían máis curiosos, Este animalario é un fermoso traballo que decidiron convertir en formato libro co que agasallar á Biblioteca da Meigatintureira:

MOITAS GRAZAS!! 
Podédelo atopar formando parte do
 recuncho de libros e materiais 
FEITOS POR NÓS!! 



12 feb 2015

SEMPRE RODARI


Os contacontos sempre son moi benvidos na nosa Biblio e se a proposta parte dos contos de Gianni Rodari e o seu clásico CONTOS AO TELÉFONO, inda máis. O alumnado de terceiro e cuarto disfrutou en grande con esta proposta e por iso animámosvos a que vexades e escoitedes atentamente os conto " O camiño que non ía a ningures " e " un e sete " por suposto tamén de Rodari. Disfrutádeos!!!!! 




 

10 feb 2015

ENTROIDO 2015!!! UN ENTROIDO DE ALU-CINE!!!

      Clica nas imaxes e aprenderás moitas cousas sobre o Entroido nas diferentes zonas de Galicia e o Ciclo do Entroido, duas produccións feitas por MEIGATINTUREIRA FILMS neste ano adicado ao CINE:

 


 http://www.slideboom.com/presentations/136884/Presentaci%C3%B3n-ciclo-do-entroido