Coma xa sabedes o vindeiro 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non-Violencia, e para ir abrindo boca un pequeno “DECÁLOGO PARA MEDRAR EN PAZ”
1.- Eres alguén moi importante. Quérete.
2.- Podes facer moitas cousas. Coñéceas.
3.- Se tratas ben aos demáis, terás máis amigos.
4.- Sauda e despídete. Saberán cando estás con eles.
5.- Se aprendes a esperar o teu turno, xogarás mellor.
6.- Podes facer moi ben as túas tarefas. Esfórzate.
7.- Coida a túa roupa, os teus xoguetes e as túas cousas. Ocúpate delas.
8.- Se facemos algo entre todos, sairá moito mellor e tardaremos menos tempo.
9.- Sé xeneroso cos demáis, iso farate máis feliz.
10.- Se pos paz dentro de tí, teu entorno irá cambiando.
Agora aprende a LETRA DA CANCIÓN.
Para que vexades como celebramos no cole este día tan especial, vos deixamos esta pequena montaxe con algunha foto das actividades da xornada e fermosas palabras de PAZ.
4 comentarios:
Benvid@s á blogosfera, esta maravillosa tolemia colectiva!!!
Apertas dende Fene
Dende o CEIP de Andrade en Pontedeume desexámosvos unha feliz andadura pola blogosfera.
Bicosssss.... da nosa mascota RAIOTECA para esa MEIGATINTUREIRA.
http://biblioandrade.blogspot.com
Magnífica recompilación de recursos. Voulles avisar ós nenos e nenas do Milladoiro para que saiban. E, se cadra, póñolles algunhas cousas no seu blog.
Bicos salgados do fondo do mar
No nos blogue, no que publicamos esta vosa escolma de poemas da PAZ, deixou Mariano Coronas un comentario moi bonito que vos corresponde: http://bemilladoiro.blogspot.com/2010/01/paz-poemas-da-meiga-tintureira.html
saúdos
Publicar un comentario