Novo recuncho na biblioteca! Esta vez cheo de contos e historias inclusivas das que podedes aprender, rirvos e incluso, coas que podedes, chorar!
Unha morea de contos con pictogramas, de contos de fácil lectura, de cómics e de aventuras inclusivas dispostas a encontrar un lector ou lectora que se sinta (ou non) identificado e deixe atrás (ou exprese) os seus medos , a súa vergoña e as súas inseguridades.
Porque na biblioteca todos temos un recuncho no que sentirmos cómodos e ser, en definitiva, nós mesmos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario