12 abr 2019

OBRADOIRO INCLUSIVO

Esta mañá a biblioteca encheuse dun mundo de cores grazas ao conto: “¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!”.

As mestras Patri, Marga e Tali contaron aos nenas e nenas de Infantil o conto que forma parte do noso recuncho inclusivo. E...de que xeito podía rematar esta contada? Pois pintándonos todos e todas as uñas de diversas cores igual que Juan, o protagonista da historia.


Máis tarde, na hora de ler, tocoulles aos alumnos e alumnas de 1º, 2ºA e 2ºB que, acompañados das súas mestras Marián, Elena e Tamara, pasárono en grande coa historia e coa sorpresa final: toda a clase coas uñas pintadas!


E por último...xa na aula...debuxaron a silueta das súas mans (con axuda da parella) e pintaron as uñas de moitas cores!



Foi unha experiencia xenial na que nos divertimos e aprendimos que, pintarse as uñas non é causa de nenas, senón que é cousa de quen queira facelo! A única condición é respectar a quen o faga.


No hay comentarios: