30 ene. 2019

O BOSQUE DOS DESEXOS, DESEXOS PARA O BOSQUE

Ao longo desta semana, os nenos e nenas de Primaria pasaron pola biblioteca para deixar un desexo adicado aos nosos montes.

Primeiro, recordamos como están a día de hoxe os nosos montes, como nos gustaría que estivesen e que poderíamos facer nós para cambialo.

Finalmente, pensamos o noso desexo, o escribimos nun Pos-it e o colocamos nas pólas das diferentes árbores do noso mural da entrada da biblio.

E...desexo a desexo...creamos un bosque cheo de boas peticións que esperamos que se fagan realidade coa colaboración de todos e todas!

Aquí tedes algún exemplo!




                   






DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA


Que este día e todos os que quedan por vir, traian consigo estas fermosas palabras en forma de pomba:

 ACORDO , XUSTIZA, DIÁLOGO, UNIÓN, PACTO, CALMA, AMIZADE, CONCILIACIÓN, RESPECTO, XUSTIZA, ALIANZA, AMOR...

25 ene. 2019

RECUNCHO DOS ORDENADORES ABERTO!

Esta semana seguimos con novidades e melloras na biblio. Por fin temos o recuncho dos ordenadores aberto e en funcionamento para todos os nenos e nenas que durante o recreo ou polas tardes, desexen buscar información, adentrarse na páxina da escola ou nos diferentes blogs da mesma para estar á última nos acontecementos de Tintureira, ademais de poder xogar a través dos diferentes links.

Para un bo uso e funcionamento deste recuncho, é moi importante ter presentes as normas que a Meiga Tintureira foi ideando con moito coidado e agarimo durante o primeiro trimestre.

Por iso que...velaquí as tendes!





RECORDA QUE...

SÓ PODERÁS NAVEGAR POLOS ACCESOS DIRECTOS QUE TEDES NO ESCRITORIO

TES QUE AVISAR AOS MESTRES OU AXUDANTES DA BIBLIOTECA PARA QUE TE ANOTEN NA FOLLA DE REXISTRO E CHE ADXUDIQUEN UN ORDENADOR

E por último, uns consellos á hora de navegar por Internet que debes ter moi presentes:



Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.














23 ene. 2019

DEREITOS DAS ÁRBORES

Aínda que as árbores non falen e non se movan, teñen uns dereitos que debemos respectar porque, coma nós, tamén son seres vivos!


E recorda que...QUEN TEN UNHA ÁRBORE, TEN UN TESOURO MOI NATURAL!



ACTUALIZACIÓN DAS NORMAS DA BIBLIOTECA


Esta Meiga Tintureira está moi ilusionada este curso coa nosa biblio e non deixa de traernos novidades de todo tipo!

Esta vez...UNHAS NOVAS NORMAS PARA A BIBLIOTECA! 

Seguro que coa finalidade de que funcione mellor aínda, sabendo todos e todas o que podemos facer na mesma.



Recorda que a biblioteca é un espazo, dentro da escola, por e para todos/as! Por iso non esquezas coidala e respectala.


Un saúdo, da vosa amiga, a Meiga Tintureira.

17 ene. 2019

NOVA SECCIÓN: CONTOS SOBRE ANIMAIS DO BOSQUE

Estamos de estreno estes días! Temos unha nova sección dentro da biblio que ten moito que ver co noso proxecto. Que será, será? Pois unha sección adicada a CONTOS SOBRE ANIMAIS DO BOSQUE!

Nela podedes atopar diversos contos que teñen  como protagonistas lobos, mouchos, esquíos, diversos paxaros... e un sinfín de animais que viven nos nosos montes e que esperan que disfrutedes das súas aventuras.

Esperamos que vos guste.




Unha aperta da vosa  amiga, a Meiga Tintureira.

16 ene. 2019

RECUNCHO SOBRE A PAZ

A nosa amiga, a Meiga Tintureira, volveu facer das súas!

Unha vez máis chegamos a escola e atopamos novos carteis nas diferentes entradas do colexio e da biblioteca!

Esta vez, deixounos na biblio un novo recuncho sobre a PAZ, no que podemos atopar diversos contos e libros sobre a vida de personaxes destacados coma: Malala, Gandhi, Mandela, María Teresa de Calcuta... ademais de obras literarias relacionadas coa amizade, os valores, etc.







Un recuncho para aprender e disfrutar cos nosos compañeiros e compañeiras, onde a importancia do respecto e solidariedade queda latente.


Camiñando cara a PAZ


“Un niño, un profesor, un libro y una pluma pueden cambiar al mundo. La educación es la única solución” (MALALA)


Como xa sabedes o vindeiro 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Tendo como obxectivo a educación na tolerancia, solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Neste día os centros educativos sirven como instrumento da paz e do entendimento entre persoas de distinta formación, raza cultura e relixión.

E para ir abrindo boca...aquí tendes diversos enlaces que poden ser do voso interese para investigar sobre diversas persoas que co seu esforzo e dedicación intentaron facer deste mundo, un mundo mellor:






Para os máis pequechos...unha pequena poesía sobre a PAZ da grandísima Gloria Fuertes titulada "Solo tres letras":


Cun pequeno reto final! A ver se averiguades cantas veces aparece a palabras TRES na poesía?

Por último, as ansiadas cancións que imos cantar xuntos no DÍA DA PAZ:




Agora toca practicar e practicar moito!


Unha aperta da vosa amiga, a Meiga Tintureira.