14 abr 2026

A MEIGA CONVIDANOS A QUE FAGAMOS FOTOS DOS MARES DE AQUÍ E DACOLÁ.

 

A Meiga Tintureira leva un tempo de viaxe polos mares de aquí e dacolá e mándanos este video para que disfrutemos das cosas tan fermosas que gardan os nosos mares e as súas contornas. E quere que tamén nós fagamos fotos dos mares. Ide de paseo ou viaxe coas vosas familias ou amigos e amigas, e facede unha foto do rincón do mar que mais vos guste ou que mais vos sorprenda. 

Logo, tedes que traer a foto o cole, porque con todas faremos unha gran exposición. Compartirémolas como fai ela con nós, e así poderemos gozar xuntos mentres seguimos aprendendo. 

Animádevos!