31 ene 2024

PEGADAS POLA PAZ

     Aquí vos deixo o resultado das vosas pegadas pola paz que se transformaron en fermosísimos pareados cos que cubrimos o porche da escola. 

Mirade, mirade! 

(clica na flecha da dereita para ver o pase das fotografías e poder les as pegadas)

Día da PAZ de Quinto Tintureira

26 ene 2024

NOVO RECUNCHO NA BIBLIO !

       Xa tedes á vosa disposición os libros referentes ao tema da Paz na Biblio. Un novo recuncho no expositor doble do medio da Biblio, ao lado do posto bibliotecario.

       Podedes utilizalos cando vaiades á biblioteca lembrade que non os podedes levar á casa ata que se desmonte a exposición.

NOVO RECUNCHO DO DÍA DA PAZ de Quinto Tintureira

24 ene 2024

PAREADOS POLA PAZ

 

    Seguro que estes días vos chamou a atención o novo cartel do atril das escaleiras. Animámosvos a esta nova actividade para gañar un novo selo do voso pasaporte: 

Pedídelle á vosa titora a pegada para facer o voso pareado!

22 ene 2024

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

 

           Como xa sabedes o 30 de xaneiro celebramos o DIA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. É unha celebración a nivel mundial coa que se pretende que nos conciencemos acerca de acerca de valores tan fundamentais coma a tolerancia, a solidaridade, o respecto aos Dereitos Humáns a non violencia...        Nós tamén nos preparamos!!!. Esta semana faremos talleres para facer pareados relacionados coa temática da Paz de 2º a 6º e os máis cativos unha palabra. Tamén estamos preparando a canción que cantaremos todos xuntos "Danza da Paz".